Era o ano 1943. Os armadores Balbino López Rodriguez, consignatario de buques, e os mindonienses irmáns Lorenzo (Fortunatos) construen un cargueiro nos asteleiros Gondán, en Figueiras, ó que bautizan como “San Lorenzo de Foz”. Equipado en talleres de Vigo, chega o día de acceder ó porto de Foz, onde ten a base. E aquí, ó enfilar a entrada á ría, na fatídica “barra”, o barco toca fondo; fai un xiro polo vento reinante; o maquinista da avante, e o San Lorenzo entra de popa, feito que inspira a Matías Calvo, que, dende a punta do Prado de Ramos presenciaba a escena, estes versos: “San Lorenzo, San Lorenzo/ que en barco te convertiste/ cuando entraste en este puerto/ el culo al pueblo le diste”.
O café de Amalio, na praza, era lugar entrañable ó que a cotío acudía un grupo de mozos, amantes da cultura e interesados pola política. Pola natureza dos temas que xeralmente se trataban, era tamén coñecido por “O Parnaso”. Matias Calvo, asíduo a aquelas xuntanzas, era considerado o seu poeta oficial e, sometida a obra o análise crítico dos parnasianos, que puntuaban os valores que conforman a producción poética; entre os que se atopaban a pulcritude e a beleza da linguaxe. Malparadas saíronlle as estrofas da entrada do San Lourenzo a Matías, pois os críticos reprocharon ó bardo a utilización en poética de tan sublime numen de vocábulo tan pouco pudoroso e mesmo soez e malsoante, coma ”culo”.
Cando o autor foi advertido polos críticos recoñece a gravidade do feito e pretende trocala pola de “popa”, que non ten connotacións groseiras, é de grata sonoridade e, por derriba, moito mais mariñeira. Os inflexibles xuices non aceptaron e enmenda, pois o dano estaba consumado, dado que os versos circulaban de boca a orella, para escarnio do colectivo parnasiano, tan celoso do bó decir ; ou sexa, da estética da linguaxe.
O veredicto, firme e inapelable, foi traumático: “ que autor e obra fosen a parar ós fondos do averno poético, sen redención posible”. Matías arrastrou por moito tempo o estigma da culpabilidade e a mágoa do fracaso; e a anécdota pervive ainda na memoria popular,transcurridos 75 anos.


















A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



