Está de moda en verán refrescante, en inverno bucólico. É o diamond hope, diamante esperanza, Tavernier Blue, azul, que pasou de man en man dende Louis XIV, ata no filme do Titanic de rebote. A xoia da Coroa. A Ría virxe de Galicia molla a costa de Mañón e O Vicedo.
A unión das 4 donas: Lugo e A Coruña, A Mariña e Ortegal por medio do río Sor, que ven de –sar, síntoma de acuático.
Con duas illas, máxicas e místicas, habitadas no pasado por mosteiros , a de San Martiño cunha das primeras comunidades relixiosas femenina da historia, da Orde Benedictina dependente de San Paio de Antealtares. A da Coelleira, nomeada como Quonicularia en 1095,habitada por monxes de San Agustín en 1420 ata 1485 renuncia Lopo Dourado e fusiona con outro cenobio, tamén por Templarios, ou según constancias en 1628 por pescadores vascos, son numerosas lendas sobre a aparición dun cadro, a casa do paisano, ataques vikingos e decapitacións tralas persecucións.
Con praias de auga turquesa e area branca coma Xilloy, Caolín ou Vidrieiro, Praia do Castro, Vilela, e bravas esculturas coma Esteiro ou San Román e as mansas Arealonga e Abrela, e as intocables Pereira e Toxoso. Ou acantillados como o xa famoso fuciño do Porco, a ensenada da cova do pan, a Estaca…
O Vicedo, con este novo nome dende 1952 antes Riobarba. Alí naceron: Alonso Pérez de Vivero, relevantes persoeiros nacidos aquí, denostado, no seu Palacio de Valladolid casaron os reis católicos. Gómez Pérez das Mariñas, padre da Patria de Filipinas, amigo de Felipe II, un dos responsables de que nunca se puxera o sol no imperio español, fixo que Fray Teodoro de Quirós preservara o Tagalo, o primero caso do mundo de defensa dunha língua aboríxe, vernácula.
As Igrexas de Riobarba e Cabanas, foron de asentamento e fundación no 1392 por Fernán Pérez da famosa Casa de Andrade, alí está un dos Porcos, Xabaril simbólico galego. Cunha ponte romana e outra maravilla de ferro emblema da vangarda industrial conseguida grazas a Fdz Latorre fundador de La Voz de Galicia costou 528.000 pts e inaugurouse en 1901, as mámoas de Monte Padró e Campo dos Lagos ou castros como o de suegos, a torre de Ruño…
Mañón, nas súas Ribeiras medra un bosque autóctono único que podemos desfrutar nos seus Refuxios de Augas caídas, Ponte Segade, unha ducia deles… Acolle tamén a segunda plantación de Camelias máis grande do mundo na Torre da Lama, fogar do pioneiro da arqueoloxía en Galicia, Federico Maciñeira Pardo da Lama. Ou pazos coma o de San Fiz e un legado indiano descoñecido, a sociedade de la unión mañonesa, hoxe albergue, e varias casas do estilo.
O Barqueiro porto mariñeiro de cores, construccións típicas e historias salgadas que percorreron os mares, os seus homes navegaron polo mundo e custodiaron a Ría. Unha das vilas de mar máis fermosas de Galicia.
Bares, a punta máis ó norde de Iberia, milenario porto baleiro, ata o 20 de Agosto de 1955 non chegou a luz, e o aceite de fígado alumábao. No seu coído de laxes, porto natural desembarcaron fenicios ou romanos, ata os americanos viron un punto estratéxico, operando a base co primeiro capitán Robert Palmer de 1961 ata 1977. Sitio de Faro e Semáforo. Apértanse na súa Estaca, mar e océano, Cantábrico con Atlántico.
No fondo das augas durmen a sesta durante anos, subamarinos, avionetas, navíos, costeiros, barcos de pesca, de entre guerras e de mercadorías de séculos pasados… un cemiterio de pecios marinos, único e abraiante.
Como non ó carón a un irmán o plus Viveiro, atractivo histórico, natural e cultural, prestando servizos e instalacións, a maior poboación dende Ferrol a Avilés.
Un dos paraxes naturais máis incríbles do continente. Debemos facer un plan de protección a única inmaculada que queda na nosa terra, hai que ter irmandade e inversión das deputación , un modelo sostible ,preservarlo e poxar por tódalas estacións. Cunha infraestructura que aporte riqueza e posta en valor, destino tanto para baños coma actividades de sendeirismo, pesca e marisqueo, embarcacións, bici, motor, submarinismo, surf, remo… En fin: descanso, pracer, deporte e saúde, nun oasis de paz e natureza. Crear o camping aberto máis grande de Europa. Para Cunqueiro o Sor é un dos sete ríos do PARAÍSO.
¡Benvidos amigos, está aquí en vida e ante os nosos ollos, disfrutémolo con cachola, non roamos a mazá que quedamos fora del!




















A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).



