Alfoz, 21 de setembro de 2017. O Concello de Alfoz está a executar obras de acondicionamento e sinalización de recursos turísticos cun orzamento total de 54.222,39 €. O proxecto está cofinanciado polo Concello de Alfoz, que investirá nesta obra 13.555,60 € de fondos propios, conxuntamente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), aportando a cantidade de 30.500,09 €, o Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente (MAPAMA), con 3.050,01€, e Turismo de Galicia, que aporta 7.116,69 €.
Os traballos que se están executando consisten no acondicionamento do acceso á Fervenza do Escouridal, a sinalización viaria de recursos turísticos, a sinalización da ruta da Pena Abaladoira á Fervenza do Escouridal e o desenvolvemento da APP de recursos e rutas do Concello de Alfoz “Camiños de Alfoz”.
Ainda que as obras teñen de prazo de execución ata o 15 de Novembro, desde o Concello de Alfoz indican que previsiblemente estén rematadas a finais do mes de setembro.























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



