Lugo, 29 de marzo de 2016. O vindeiro luns, 25 de setembro, ás 13:00 horas, no Pazo de San Marcos, terá lugar a reunión do Pleno do Consorcio Provincial de Bombeiros de Lugo, que leva tempo pedindo o Presidente da Deputación lucense, Darío Campos Conde, e que por fin convocou a Xunta de Galicia, como administración que ostenta agora a presidencia deste organismo.
Por petición de Campos Conde, nos puntos 3 e 4 da orde do día, a administración autonómica aceptou incluír o estudo das denuncias feitas polos comités de empresa ao respecto de presuntos incumprimentos nos pregos de condicións e melloras ofertadas polas entidades que resultaron beneficiadas da xestión dos parques, que estarían afectando ás condicións dos traballadores e á prestación deste servizo na provincia.
O Presidente da Deputación fixo outras dúas propostas á Xunta de Galicia, que neste caso non aceptou incluír como puntos da orde do día, dando tan só a opción de incorporalas no apartado de rogos e preguntas. Con todo, Campos Conde pedirán á administración autonómica, como xa reclamou persoalmente ao propio Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o seguinte:
– crear unha comisión técnica no seo do Consorcio Provincial de Bombeiros de Lugo para o desenvolvemento do modelo de xestión directa a partir do 2019, data na que rematan os contratos coas empresas que resultaron adxudicatarias da xestión indirecta, que é o modelo que funciona actualmente.
O Presidente da Deputación conta cos informe xurídicos e económicos que garanten a viabilidade da xestión pública dos parques de bombeiros de Lugo; uns traballos elaborados nas reunións técnicas conxuntas coas Deputación da Coruña e Pontevedra, administracións que tamén apostan pola xestión directa das instalacións contra incendios en respectivas provincias, fronte á Deputación de Ourense, cuxo Presidente dende un principio xa se opuxo ao cambio de modelo, optando por manter privado; así como a Xunta de Galicia, que decidiu manterse ao marxe destes traballos e trasladar que non apoiaría o cambio de modelo se este supoñía máis custos para as administracións.
– recoller os informes necesarios no seo do Consorcio Provincial de Bombeiros para a mellora salarial dos profesionais que prestan este servizo en Lugo cos 330.000 euros da Deputación. Son os fondos provinciais que Campos Conde incorporou a maiores este ano ao consorcio co obxectivo de equiparar os soldos dos bombeiros lucenses aos dos seus compañeiros no resto de Galicia, concretamente aos de Ourense, que son os que máis cobran porque así o acordou a Deputación ourensá e a Xunta de Galicia.
Para que isto fose posible, é dicir, para que os bombeiros de Lugo cobren o mesmo que os de Ourense, a Xunta de Galicia debía aportar outros 330.000 euros, pois é a administración responsable do 50% do consorcio. Pero esta negouse a facelo de xeito reiterado e a pesares das reclamacións e protestas destes profesionais, e de telo feito na provincia ourensá.
Campos Conde quere que, cando menos, os bombeiros da provincia lucense melloren a súa situación salarial cos fondos que ten comprometido o Goberno da Deputación.
A aprobación destas dúas propostas do Presidente da Deputación ao Pleno do Consorcio Provincial de Bombeiros deste luns son necesarias para acadar, finalmente, a xestión directa dos parques no 2019 e mellorar os salarios dos profesionais canto antes.

























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.



