Lugo, 22 de setembro de 2017. O Executivo da Deputación aprobou hoxe en Xunta de Goberno novas axudas de 470.000 euros para clubs lucenses de Primeira e Segunda División Nacional. “Trátanse das axudas dirixidas a equipos da provincia que participan en campionatos oficiais federados de Primeira ou Segunda categoría absoluta estatal, e non son sociedades anónimas deportivas. Estas últimas son o CD Lugo e o CB Breogán coas que, como na pasada anualidade, se asinará un contrato de patrocinio, beneficioso tanto para os clubs como para o conxunto da provincia”, explicou Santos Ramos.
O Voceiro do Goberno Provincial subliñou que “hoxe aprobamos as bases que rexerán a concesión destas axudas, ás que poden concorrer o Burela FS Pescados Rubén, o Prone Lugo FS, o CB Durán Maquinaria Ensino, o CV Emevé e o Perruquería Mixta Friol. Estas bases, que incorporan criterios obxectivos e sociais, publicaranse previsiblemente a vindeira semana no Boletín Oficial da Provincia. O prazo para presentar as solicitudes será de 10 días hábiles, a contar dende o día seguinte da publicación no BOP”.
Fomento do deporte base e feminino
Os beneficiarios das axudas de concorrencia non competitiva, poderán solicitar un anticipo do 80%, e, como novidade, os clubs poderán destinar ata un 30% da axuda á financiar gastos federativos, ou de transporte das categorías inferiores. “Todo isto dentro da nosa aposta por potenciar e colaborar co deporte base”, explicou Santos Ramos.
Criterios obxectivos e sociais
As bases que rexen a concesión de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva incorporan criterios obxectivos e sociais á hora de conceder as axudas. Deste xeito, para concretar a contía da subvención introdúcense algunhas pautas como os anos de historia do club. Tamén se valora a actividade social que desenvolve na provincia, co fin de ir máis aló do estritamente deportivo. Outro dos puntos fortes ten que ver co apoio ao deporte de base, o que supón unha petición expresa dos propios clubs, premiando ás entidades que fomenten o deporte entre os máis pequenos.


























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.



