A verdade é que hai un tempo que xa non publico unhas liñas de opnión, por diferentes cuestións, nas que non vou entrar agora. Pero si hai un motivo para facelo de novo: é a situación actual tanto política coma social que se está a dar no estado español e nunha das súas comunidades.
“Orde e Progreso” é unha frase entretecida nun símbolo dunha bandeira dun país sudamericano moi coñecido. Pois voume deber a ese dito nesta colaboración.
Manténdonos fieis ao aforismo antes referido, comezarei falando do goberno central con carácter lexislativo gobernado actualmente polo Partido Popular apoiado en certas cuestións puntuais por outros partidos ou deputados-as doutras siglas, é decir un goberno que ten que negociar ou pactar case todo o que saia á palestra parlamentaria do Congreso dos Deputados. A lexislatura anterior foi diferente, o Pp gobernaba cunha maioria absoluta, que lle otorgou parte do electorado, dandolle un uso ,para o seu goberno; rancio , tronzador, aplastante e destructivo, que afectaria as clases máis febles do sistema , sen importar ao ámbito, saude ,educación, pensions, laboral…
Vou resaltar tres temas que marcaron a axenda nesa lexislatura.Un a crise económica que afecta a todos de diferente xeito pero afecta, o segundo é o caso das autonomias e o seu sentir das xentes que alí vivimos e nos sentimos diferentes ao estado español, ahí resaltar como non ao caso de Cataluña que despois do fracaso do Estatuto, certos sectores da cidadania quería e queren outro sistema ou forma de goberno para a súa autonomía.Ben e o terceiro en discordia, é a podremia de corrupción na que actualmente o partido do goberno español está mergullado, nesa lexislatura, agromou coma os cogumelos no outono na serra de Meira.
O presidente do goberno central tanto con estes temas de gran interese coma no resto a sua forma de facerlles fronte é o pasotismo e deixar que o tempo pase e cando lle entre a botritis exterminase e problema resolto si é que existira, claro. En referente a crise moi claro; os que menos tiñan seguen a non ter nada, os que tiñan algo cada vez teñen menos ,e os que máis tiñan seguen a ter moito máis do que tiñan.
O tema da corrupción, a verdade, non lle pasou factura, prácticamente despois dunha erupción de casos que tocaron a maioria do seu escuadrón e gardaespaldas do seu partido, e nalgún goberno autonomico.Deu igual que ocultaran probas ou as trituraran que non pasou mais deso, deu igual que na lista do tesoureiro aparecera ao seu nome en negro.Que diferentes cargos tiveran chaves de caixas en bancos helvéticos ou contas noutros paraisos fiscais.Aos mesmos que amarran a bandeira española ao pescozo ou presumen de pulseira das mesmas cores.Pero foi ao partido mais votado do Estado.É verdade que a día de hoxe quedanlles casos pendentes coa Xustiza.
Pero voltando ao segundo tema, unha parte importante da cidadania catalana seguía querendo e segue , ser partícipes de elixir o seu destino coma país ,nación ou quen sabe de seguir como está.Para iso o único que pide é voz e voto e unha urna algo que nun estado democrático debe ser de oficio.Parece ser que non o recolle a Constitución Española asinada hai máis de corenta anos.Pero o que si recolle,cando se fai acto de xuramento calquer cargo político,é da responsabilidade do manexo das finanzas da cidadania do Estado.
A reacción de Mariano Rajoy a esta problemática catalana foi a mesma que se as lentellas levan chourizo ou non ,é mais , aproveitou este argumento para tapar parte da cloaca corrupta do seu partido.Moi sinxelo namentres se fala dos cataláns eu tapo as miñas miserias que son moitas.En vez de sentarse a falar que é unha das partes da política el “pasapalabra” á xustiza unha forma mais de evadir a sua responsabilidade coma gobernante, claro que outra é a de escoitar e como xa sabemos tampouco é o forte del, fixo o que até o de agora lle deu resultado, a táctica do reloxio parado.
Agora no ámbito local, visto o ocurrido no último pleno no concello de Ribadeo, parece que no PP de Ribadeo xurdiu unha modificación xenetica que en vez de pasar palabra coma o presidente do seu partido, erguéronse dos asentos e liscaron a fume de carozo, evadindose de tratar un tema de vital importancia coma o desmantelamento da área sanitaria da Mariña , a excusa dada polo seu portavoz é que lle teñen fobia ás pancartas . Agora teremos que buscar o nome dese tipo de mal e agardaremos se só é no PP de Ribadeo ou se expalla ao resto de agrupacións populares.
JORGE DIAZ FREIJE
CONCELLEIRO DO GOBERNO DO CONCELLO DE RIBADEO


















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



