Burela 30-9-17. Tres de tres, sen erro. O triunfo do Pescados Rubén Burela FS desta tarde en Vista Alegre fronte a UCAM ElPozo Murcia (4-2) dálle o liderado en solitario ás laranxas, tras o empate entre Ourense Envialia FSF e Móstoles FSf (1-1). “O equipo traballou moito ante un rival moi guerreiro e dinámico, que veu defender a 30 metros, non deixou de correr e con moita mobilidad que nos obrigou a ter un gran despregue. Fixemos unha primeira parte moi boa e un bo final; co xogo de cinco puxéronnos a cousa complicada pero nós tamén tiñamos ben traballada esa arma”, explicaba Julio Delgado ao remate.
Cilene abriu o marcador no minuto 12, desde fóra da área, tras parede con Dany. Segundos despois, as mariñás dispuxeron doutra boa chegada, que freou Cristina coas mans. A sintonía entre Judith e Tai non funcionou no 17, cun gran pase da brasileira que despexou Cristina cando a rozaba a 15. Con todo, si o fixo no 18, iniciando o que sería o 2-0; Tai serviulle a Dany un balón longo de Judith, que a 3 laranxa sentenciou tras repelerla o pau en tentativa de costas.
Volveron os equipos á pista con cambio de protagonistas baixo paus, a laranxa Jozi e a levantina Sonia. Antes de cumprirse o primeiro minuto, as burelistas xa avisaron e volveu facelo Cilene no 24; antes, Toñi protagonizara unha perigosísima tras galopada de Cristina. Despois da ocasión da 6 laranxa, o UCAM enfundou a Noelia na camisola de porteira-xogadora; foi a 16 visitante precisamente a que reduciu as distancias a poucos segundos, materializando desde os 6 metros, tras falta de Sara Correia. Cobrou entón un punto de tolemia o encontro, con boas ocasións das galegas. No 28, o Pescados Rubén recuperou certa serenidade con xogo de cinco no minuto 28. Julia asinou o 3-1 no 35, a pase de Lara, pero de novo a estratexia de porteira xogadora deulle ás ao UCAM, co 3-2, de Lola. Bea Mateos liderou, unha vez máis, a ofensiva das locais de cinco e asistir a Tai no 4-2 (minuto 37). A falta de 38 segundos aínda tiveron o quinto as de Julio Delgado e Lucas.
Ficha técnica
Pescados Rubén Burela FS: Ana Romero, Dany, Cilene, Bea Mateos, Julia Forsiuk, cinco inicial; tamén xogaron Tai, Lara, Sara Correia, Judith, Jozi
UCAM ElPozo Murcia FSF: Cristina García, Cristina Pérez, J. Weckerle, Noelia, Rocío, cinco inicial; tamén xogaron Sara, Gloria, Toñi, Hinako, Lola, Sonia
Goles: 1-0, minuto 12, Cilene; 2-0, minuto 18, Dany; 2-1, minuto 24, Noelia; 3-1, minuto 35, Julia; 3-2, minuto 35, Lola; 4-2, minuto 38, Tai
Árbitros: González Alvedro (A Coruña) //Coello Martínez (A Mariña). Por Burela, amarela a Lara. Por UCAM amarela a Gloria, J. Weckerle
Incidencias: Partido da terceira xornada de Primeira División RFEF disputado en Vista Alegre, ante uns 400 afeccionados/as. Minuto de silencio inicial polo falecemento do concelleiro de Protección Civil e Sanidade de Burela, Ramón Vázquez Andrade.








A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.