Burela 1-10-17. Vista Alegre volveu ser o talismán para os burelistas, aínda que fora en Córdoba. O Pescados Rubén Burela FS agarra con máis forza ca nunca os seus tres primeiros puntos a domicilio, con 1-8 ante Itea Córdoba CFV Futsal, na terceira xornada de Segunda LNFS, encadenando a segunda vitoria de liga. Os pupilos de Juanma Marrube traballaron con humildade e insistencia para apropiarse dun marcador que xa dominaban ao descanso con 0-3, con moitísimo equilibrio no xogo durante a primeira parte.
A igualdade foi a tónica predominante no primeiro tramo de partido, con moita esixencia do Itea ao Pescados Rubén, que pelexou para non concederlle nada ao rival. Pope, tras culminar unha rápida contra visitante, fixo o 0-1, no minuto 12, cando os locais xa contaban co lastre das cinco faltas. Este primeiro tanto foi a clave para pedir máis e Renato e Pope, novamente, ampliaron diferenzas nun fatídico minuto 17, para tranquilidade dos laranxas e facendo dano aos locais.
Regresou a terceira xornada á pista, con xogo bronco. O tanto de Cristóbal, no minuto 23, fixo pensar aos cordobeses na remontada, pero os galegos conseguiron romper o partido entre o 24 e o 25, ampliando ata o 1-5, de Víctor e Matamoros. A falta de máis de once minutos, o Itea apostou por porteiro xogador, coa mesma reacción dos laranxas, que completaron a renda ata o definitivo 1-8, con Chus, Hélder e Luisma.
Ficha técnica
Itea Córdoba CF Futsal: Cristian, Catiti, Jesús Rodríguez, Cristóbal e David Leal (cinco inicial). Tamén xogaron Pakito, Manu Leal, Koseki, Cordero, Thiago e Ismael.
Pescados Rubén Burela FS: Álex, Hélder, Luisma, Chus e Renato (cinco inicial). Tamén xogaron Víctor, Colacha, Matamoros, Cora e Pope.
Árbitros: Botella López e Castilla López (C. Murcia). Mostraron cartulina amarela ao local Jesús Rodríguez (2), así como aos visitantes Chus, Renato e Pope (2).
Goles: 0-1 Pope (12’) 0-2 Renato (17’) 0-3 Pope (17’) 1-3 Cristóbal (23’) 1-4 Víctor (24’) 1-5 Matamoros (25’) 1-6 Chus (33’) 1-7 Hélder (34’) 1-8 Luisma (39’)
Incidencias: Encontro correspondente á 3ª xornada Segunda División disputado no Palacio Municipal de Deportes ‘Vista Alegre’ ante 1.500 espectadores.








A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.