Lugo, 2 de outubro de 2017.- O Grupo Provincial do Partido Popular censura que o Portal de Transparencia da Deputación de Lugo estea “obsoleto” e inclúa, segundo denuncian dende o PP, información “incompleta e sen actualizar”, pese a a que se levan investido máis de 24,4 millóns de euros no Programa Innovate.
Para os populares, a Deputación de Lugo non é exemplo de administración transparente tal e como demostran os feitos e por iso lle recomendan ao Goberno socialista da institución lucense que tome boa nota e aplique as indicacións dos expertos que participarán no VII Encontro Provincial de Cooperación e Asistencia aos Concellos, que nesta edición versará sobre transparencia e acceso á información e cuxa convocatoria se publica hoxe no BOP.
O Grupo Provincial do Partido Popular, que valora de xeito moi positivo a temática sobre a que se centra a xornada do encontro provincial de cooperación deste ano, lamenta que dende a Deputación de Lugo non sexan quen “nin tan sequera de actualizar o contido do seu propio Portal de Transparencia”.
Así, os populares pídenlle ao presidente e ao seu equipo de Goberno, que se apliquen a normativa vixente xa que na actualidade a Deputación de Lugo non cumpre coa Lei de Transparencia nin coa lexislación aplicable.
Dende o Grupo do Partido Popular tamén reproban a inexistente implicación do Goberno socialista lucense á hora de promover accións de transparencia na institución provincial, xa que, segundo o PP, “estamos ante unha clara falta de vontade, xa que dispuxeron de fondos públicos. É suficiente con recordar os máis de 24,4 millóns de euros que os socialistas na Deputación dirixiron ao programa de novas tecnoloxías Innovate”.
Estado do Portal de Transparencia
Por último, os populares quixeron demostrar o estado no que se atopa o Portal de Transparencia da Deputación, (http://portaltransparencia.deputacionlugo.org/), con información sen actualizar e incompleta, que demostra a absoluta falta de transparencia da Deputación Provincial de Lugo, que dispón dun portal que non cumpre coa finalidade para a que foi creada e suspendendo, polo tanto, de xeito claro no cumprimento dos dereitos que teñen os cidadáns de ter acceso á información.
Así pódense citar exemplos moi específicos; entre eles: o apartado de exposición pública de proxecto, sen actualizar desde o ano 2015; as reunións cos concellos, que non figuran desde o ano 2014 ao igual que o espazo dedicado a participación cidadá; ou incluso o apartado de información económica, presupostaria e estatística que directamente pon: no encontrado.
No apartado publicidade activa:
•Infórmase de que se publica de xeito actualizado e completo a RPT da Deputación, con detalle de retribucións básicas e complementarias de cada posto de traballo e ao acceder o único que figura é o anuncio no B.O.P. 27 de febreiro de 2013 da RPT modificada, inicialmente aprobada por acordo plenario de 27 de novembro de 2012 e definitivamente por acordo plenario de 29 de xaneiro de 2013.
http://portaltransparencia.deputacionlugo.org/documents/10184/43466/0_7783_1.pdf#page=8
•Infórmase de que se fai pública a axenda de actividades, é o último dato que aparece e do mes de xuño.
http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/p_20_contenedor1.jsp?seccion=s_ldoc_d11_v1.jsp&codbusqueda=499&language=es&layout=p_20_contenedor1.jsp&codAdirecto=391&codResi=1
•No que se refire á información económica, orzamentaria e estatística, o último dato que figura é o da modificación das contas do 2016. Non existe información sobre inversión, liquidacións, informes de fiscalización, informes de morosidade, etc, posteriores a marzo de 2016.
http://portaltransparencia.deputacionlugo.org/web/guest/informacion-economica-presupuestaria-y-estadisticas#ejecucion
•En información sobre obras, estruturas e equipación, o último POS publicado é o de 2013
http://portaltransparencia.deputacionlugo.org/es/web/guest/informacion-sobre-urbanismo-y-ordenacion-del-territorio
En gráficos de transparencia:
•Só figuran datos ata o 2015 sobre, entre outros, a débeda pública, o endebedamento e gastos por habitante, mentres que xa non existen gráficos do informe de retribucións, nin dos contratos menores
http://portaltransparencia.deputacionlugo.org/web//guest/visualizador?idIndicador=52&backURL=/es/web/guest/cuadro-de-mando&idioma=es


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



