Xove 3-10-17. Esta Festa está organizada pola ASOCIACIÓN CULTURAL E DE FESTEXOS “ALTO DO CRUCEIRO”, da cal formamos parte e, organizamos por undécimo ano consecutivo a FESTA DO RAMO, a cal terá lugar o venres 30 de setembro e o sábado 1 de outubro, no Alto do Cruceiro. Antes de seguir con outras cousas, decir que esta festa a recuperamos despois de 16 anos sen celebrarse. O lugar de celebración será no CAMPO DA FESTA “ONOFRE LOUZAO”, un recinto inaugurado hai un par de anos en honra a Don Onofre Louzao, máximo promotor desta festa e falecido hai 3 anos. Este recinto está ubicado nas inmediacións do centro social do Alto do Cruceiro, a uns 150 metros da estrada nacional Viveiro-Ribadeo, polo que acceso á mesma é moi fácil e sinxelo. Inda que esperamos e desexamos con todas as nosas forzas ter uns bos días climatolóxicos, pode que non sexa así, polo que dispoñemos DUNHA GRAN CARPA. Para unha maior comodidade dos visitantes dispoñemos de amplos aparcamentos no entorno do campo da festa.
En canto ó amplo programa de actividades, destaca a celebración da FESTA DOS CALLOS, no seu DÉCIMO ANIVERSARIO, e que terá lugar o venres 30 de setembro a partires das 8 da tarde. Trátase dunha festa gastronómica, dun producto tan noso como son os callos, e a proposta que lles facemos é a seguinte: os participantes, polo módico prezo de 5 €uros, van poder degustar dunha abundante ración de callos, pan e viño. En total contaremos con máis de 1000 racións, as cales esperamos que se agoten. Para conseguir estas racións, no mesmo lugar da festa contamos cun posto onde os visitantes van poder adquirir tickets por valor de 5 €uros, cos cales despois cambiarán polas conseguintes racións de callos. Co estómago ben cheo, remataremos a Festa cun bo programa de baile a partires das 11 da noite, amenizado pola orquestra COSTA OESTE e L.BAN DJ
En canto ó programa de actividades previsto para o sábado 1 de outubro temos:
– ás 13:00 horas: Misa Solemne e Procesión
– ás 14:00 horas: Sesión Vermú a cargo do GRUPO PEKADOS
– ás 18:00 horas: Partido solteiros contra casados, no campo anexo ó da Festa
– ás 22:30 horas: Verbena co GRUPO PEKADOS e a ORQUESTRA TELEVISIÓN
Para rematar, a Comisión quere darlle as grazas a todas a s persoas, institucións, empresas, etc. que, de forma desinteresada, colaboran coas nosas Festas: Concello de XOve, comercios da zona e un especial agradecemento para os nosos veciños.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



