Cervo, 27 de outubro de 2017.- O Concello de Cervo é un dos municipios referentes en materia de reciclaxe e recollida selectiva da Comunidade Galega.
Así o reflicten os datos que veñen de facilitar dende Ecoembes que reflexan que o municipio mellorou substancialmente nesta materia nos últimos anos.
Así, facendo unha comparativa entre as cifras de 2015 e 2016, o Concello de Cervo incrementou nun 40% a recollida selectiva de papel e cartón (colector azul), pasando de 42.632 a 59.494 quilos; e cada veciño aportou de media 4 quilos máis ao ano; chegando aos 13,72 de media por persoa.
A mellora tamén é notable en canto á recollida selectiva de envases lixeiros (colector amarelo); que tamén se viu incrementada nun 15% con respecto ao 2015 (de 62.340 a 71.640 quilos); e a aportación por habitante ao ano subiu en máis de 2 quilos ata os 16,5 de media por persoa; o que se traduce tamén nun incremento da recadación de case o 15%, ao pasar de 21.899 a 25.036 euros.
Son datos que o rexedor de Cervo, Alfonso Villares, valora moi positivamente, tendo en conta ademais “que sitúan ao noso Concello como un referente, grazas ao esforzo de todos os cervenses, xa que, a modo de exemplo cada veciño aportou de media 16,5 quilos de envases lixeiros no 2016, 6 quilos máis que a media galega”.
Pero non podemos conformarnos –engadiu- “e temos que seguir a traballar nesta liña, e mellorar ano a ano estes datos, así, dende a delegación de Medio Ambiente, seguiremos a apostar polas campañas de concienciación e educación ambiental que vemos que están a dar os seus froitos”.
Así mesmo, Villares tamén puxo en valor a eficiencia e calidade dun servizo 100% municipal, “polo que apostamos dende sempre, e que está a ser contrastado agora polas cifras que nos din que imos no camiño correcto”.
Non obstante, -apuntou- hai cousas sempre por mellorar, e nesta liña instalaremos 12 novos colectores amarelos, de envases lixeiros, en lugares estratéxicos do municipio co fin de seguir a facilitar aos nosos veciños a reciclaxe; ao tempo que o servizo municipal gañará en eficiencia, ao espaciar consecuentemente os tempos de recollida”.
Nos colectores amarelos recolléronse no ano 2016, 71.640 quilos de envases lixeiros.
A día de hoxe o Concello de Cervo conta con 530 colectores de residuos sólidos urbanos, 140 de envases lixeiros (amarelos), 40 de papel e cartón (azuis), 40 de vidro (verdes) e 6 de aceite.
A edil de medio ambiente, Manuela Méndez tamén recordou que son moitas as iniciativas nesta materia que promovemos ao longo do ano, e destacou por exemplo, a “entrega anual gratuita que facemos de composteiros” –máis de 170 familias contan cun nos seus fogares; ou as iniciativas en educación ambiental que diriximos aos máis pequenos ao longo de todo o ano “coñecedores da importancia de concienciar sobre a reciclaxe dende a propia infancia”.
Méndez tamén anunciou que nos vindeiros meses “instalaremos colectores marróns en varias zonas estratéxicas do noso Concello co fin de facilitar e promover a compostaxe doméstica tamén entre aqueles veciños que non dispoñan dun espazo axeitado para facelo nos seus fogares”.





















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



