A Mariña, 27 de outubro de 2017. A Mancomunidade de Municipios da Mariña comezou no IES de Foz, a actividade formativa destinada á restauración e á hostalería desta comarca. Está organizada, por segundo ano consecutivo, coa colaboración de A Mariña Federación. O presidente da Mancomunidade, Alfredo Llano, anuncia que en marzo chegará a este centro unha cociñeira italiana, dentro dun Erasmus, coa que se poderá compartir experiencias.
O presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña declarou que “seguimos este ano co proxecto que comezamos o ano pasado, co programa formativo con respecto á hostalería e restauración porque nos parece que desde a Mancomunidade debemos esforzarnos en mellorar todos os aspectos relativos ao turismo”.
Alfredo Llano salientou que “para ter un turismo de calidade e un servizo de calidade que dea resposta a ese turismo temos que ter ben formada á xente, que teña un nivel extraordinario, que poida atender xa sexa a un turista nacional ou estranxeiro. O ano pasado deu moi bo resultado no IES de Foz e noutros lugares nos que se foron facendo xornadas, seminarios e algún taller. Vimos que tivera moi bo resultado e moi boa aceptación na xente da hostalería en xeral, e entón este ano fixemos o mesmo”.
O presidente da Mancomunidade lembrou que “xa se comezou esta semana co novo proxecto. Estanse facendo talleres e este ano temos de novidade que imos defender a carta, o profesional ten que defender a carta que se ofreza no restaurante no idioma correspondente, en inglés, en francés ou no que corresponda. Tamén imos tratar de abarcar máis contido nas cartas, que sexan máis completas tanto para o cliente como para o profesional da restauración”.
Llano anunciou que “imos facer algo novidoso e no mes de marzo, pensamos que na primeira semana, a través dun programa Erasmus, imos ter no IES de Foz unha cociñeira profesional que ven de Italia. Imos ofrecer aos profesionais que están agora no programa a oportunidade de ver cómo se fai en Italia, que falen un pouco de todo. Eu penso que vai enriquecer moito a oferta tanto en cartas, como en comidas e pratos. Todo o que sexa informar e coñecer penso que vai se positivo ao final para todo o mundo. Hai bastante xente que quere vir. Fixemos este ano grupos de traballo un pouco máis reducidos, porque é moito mellor para que poida participar todo o mundo, están entre cinco ou seis en cada un dos talleres. Esperemos que dea o resultado que agardamos e imos continuar posiblemente no futuro”.
Ruta da faba
Alfredo Llano comentou tamén que “o próximo luns, día 30, imos anunciar algo que para min é moi importante como é as Rutas da Faba, que non se refiren única e exclusivamente a Lourenzá, hai outros sitios na Mariña onde se planta faba. Aínda que se comeza en Lourenzá porque aí ten importancia, está a cooperativa, imos darlle esa denominación para motivar á xente a que a través de diversos concellos poida ver e observar onde se planta a faba, e que se vexa e aprecie o que pode ver en cada un dos concellos e en cada un dos pobos por onde pasa. Faremos isto o día 30 ás doce da mañá. Comezaremos en Lourenzá, despois iremos ao Pazo de Tovar e estaremos de visita por aquilo que mereza a pena ver en Lourenzá. Animar a toda a xente que queira ver isto que non soamente é económico senón cultural, poder apreciala e disfrutala na nosa Mancomunidade”.






















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



