Lugo, 20 de outubro de 2017. O Presidente, Darío Campos Conde, informou sobre a aprobación na Xunta de Goberno deste venres dun investimento de 2,1 millóns de euros por parte da Deputación para a construción da Granxa Experimental do Campus Terra; dun paseo peonil e viario á zona comercial de Vilar, en Ribadeo; para novas melloras na estrada de Santo Tomé por Adriano e Augaxosa ao Mazo ao seu paso polo municipio de Riotorto e nun treito do cinturón comarcal, que discorre polos Concellos de Pol e Castro de Rei. O Executivo Provincial acordou estas actuacións nunha sesión na que ademais aprobou achegar outros 75.000 euros a bolsas para deportistas lucenses.
1,3 millóns para a Granxa Experimental do Campus Terra: Campos Conde deu conta da aprobación hoxe do convenio de colaboración entre a Deputación e a USC para a construción da Granxa Experimental do Campus Terras nas instalacións da Granxa Gayoso Castro. O Goberno achega a este proxecto 670.000 euros, partida que xa está incluída no orzamento deste ano, e outros 634.000 euros do presuposto de 2018, investindo 1,3 millóns. A USC destina outros 700.000 euros. O Goberno da Deputación iniciará a contratación deste proxecto, dotado duns 2 millóns, nas vindeiras semanas.
É unha iniciativa totalmente pioneira na provincia, pois implica a dotación dunhas instalacións públicas ao servizo do Campus Terra, especialmente da Escola Politécnica Superior e da Facultade de Veterinaria, para o desenvolvemento de actividades docentes e proxectos de investigación no sistema de produción leiteira, que revertan na mellora da competitividade das explotacións lácteas.
A Granxa Experimental do Campus Terra terá como obxectivo avanzar na redución dos custos de produción do leite, así como na automatización e na incorporación das novas tecnoloxías a este proceso, combatendo, deste xeito, uns dos principais problemas que sofre o sector lácteo: os baixos prezos do leite, así como a falta de man de obra e calidade de vida dos seus profesionais.
Situarase nun nova nave, que se vai a construír, nunha finca de 15.500 metros cadrados da Granxa Gayoso Castro, que actualmente está sen uso e a carón de máis terreos para as cabezas de gando. Terá capacidade para 70 vacas produtoras de vacún de leite, contará cun robot de muxido, cun centro de recepción de visitas onde se incluirá unha aula de actividades docentes, de formación e de divulgación, así como un laboratorio para actividades investigadoras. Tamén se habilitará unha nave que acolla a alimentación do gando, silos con capacidades para almacenar as necesidades da explotación ou un espazo totalmente pechado no que se gardará a maquinaria.
Estará en funcionamento no 2018, pois é cando terá lugar a visita a Lugo da Comisión da European Association of Establishments for Veterinary Education (EAEVE) para renovar a acreditación internacional coa que actualmente conta a Facultade de Veterinaria.
380.000 euros para a construción dun paseo peonil e viario á zona comercial de Vilar, en Ribadeo: O Presidente deu conta do investimento de 380.000 euros que destina a Deputación á urbanización e humanización da avenida ría de Ribadeo. O Concello achegará outros 131.600 euros. Este proxecto, de máis de 500.000 euros, inclúe a dotación dun paseo peonil dende o centro urbano (Avenida das Américas) á Avenida Ría de Ribadeo (zona comercial de Vilar); así como a mellora do acceso viario no treito da antiga N-634 que agora é de titularidade municipal. Para a humanización da zona, habilitaranse beirarrúas, aparcamentos e zonas verdes. Tamén se substituirán as torres de media tensión para soterralas e completarase a rede de abastecemento de auga e sumidoiros.
155.000 euros para mellorar a estrada de Santo Tomé por Adriano e Augaxosa ao Mazo ao seu paso polo municipio de Riotorto: Campos Conde informou sobre o inicio do proceso de contratación con 155.500 euros de novas melloras nesta vía, tras arranxar con outros 260.000 euros o treito que discorre polo Concello de Lourenzá. As novas obras levaranse a cabo en 2 quilómetros e consiste na mellora do firme con aglomerado en quente e no incremento das medidas de seguridade.
250.000 euros para mellorar un treito de 5 quilómetros no cinturón comarcal, que discorre por Pol e Castro e Rei: O Presidente avanzou a contratación destas obras na LU-P-1611 que enlaza coa N-640. As actuacións, que se levarán a cabo dende o punto quilométrico 99 ao 104, inclúen o aglomerado en quente e o incremento da seguridade.
Bolsas para deportistas individuais
O Executivo tamén aprobou na Xunta de Goberno de hoxe unha nova convocatoria de axudas para deportistas individuais da provincia por valor de 75.000 euros. Nas vindeiras semanas, publicarase no BOP, abrindo o prazo de solicitude. Son axudas de concorrencia competitiva de entre 300 a 1.500 euros. Inclúe unha liña específica para persoas con capacidades diferentes. Para a súa concesión, premiarase o esforzo competitivo, valorarase positivamente os resultados acadados.





















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



