Lugo, 26 de outubro de 2017. O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde; e a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, inauguraron este venres a XLIV Reunión Anual SOGAPAR e a XXXI Reunión Galaico Duriense. Trátanse das dúas xornadas que organiza a Sociedade Galega de Patoloxía Respiratoria, nas que neumólogos, profesores, enfermeiros e cirurxiáns de España e Portugal compartirán novos estudos, tratamentos e diagnósticos sobre as enfermidades respiratorias. Terá lugar os días 27 e 28 de outubro no Salón de Actos do Pazo de San Marcos e participarán máis de 120 persoas. No acto tamén participaron o Xerente da EOXI de Lugo, Cervo e Monforte, Ramón Ares; o Presidente da Sociedade Galega de Pataloxía Respiratoria, Pedro Jorge Marcos; e o Presidente do Comité organizador, Luís A. Pérez.
O Goberno da Deputación e o Concello de Lugo colaboran con estas xornadas médicas cedendo o espazo para a celebración delas, con material e agasallos institucionais para os poñentes, e promocionando e difundo o evento por toda a provincia.
Vidal Baamonde subliñou que “é un privilexio poder contar na provincia de Lugo, durante esta fin de semana, con expertos e especialistas de España e Portugal no eido das enfermidades relacionadas co aparello respiratorio, para abordar as novidades relacionadas con estas patoloxías. Dende o Goberno da Deputación colaboramos con estas xornadas médicas coa finalidade de visibilizar, impulsar e apoiar a investigación das doenzas relacionadas coa respiración, pois en España, no último ano, aumentaron nun 18% os falecementos por enfermidades do sistema respiratorio, sendo a causa de falecemento que máis incrementou. Esta porcentaxe descendería corrixindo factores de risco e tendo unha maior prevención, por exemplo, non fumar, facer exercicio diario ou manter unha dieta equilibrada.”
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, quen felicitou e agradeceu aos profesionais tanto do hospital lugués como da Fundación da Sociedade Galega de Patoloxía Respiratoria, Neumoloxía e Cirurxía Torácica a organización en Lugo desta reunión anual, remarcou a importancia deste tipo de citas, xa que contribúen tanto a mellorar o coñecemento e diagnóstico das enfermidade respiratorias, como á busca de tratamentos máis efectivos para a súa curación e a mellora da calidade de vida das miles de persoas que padecen esta afección. Así mesmo, enxalzou a importancia dunha formación permanente en todas e cada unha das persoas, e máis aínda dos profesionais médicos, e subliñou a relevancia do intercambio de experiencias e coñecementos que se dan nestes congresos, que permiten axudar a mellorar a calidade da sanidade pública, un dos piares do Estado de Benestar. Para rematar, desexoulles un encontro moi frutífero e útil, “porque isto será bo para as persoas que padecen unha patoloxía e en extensión, para toda a sociedade”, e convidou aos asistentes a gozar dos tesouros que ten gardados Lugo, entre os que destacan os tres Patrimonios da Humanidade.
A Sociedade Galega de Patoloxía Respiratoria
A Sociedade Galega de Patoloxía Respiratoria é unha Corporación científico-médica, non lucrativa, que comprende as catro provincias galegas, constituída para agrupar aos médicos especialistas cun especial interese polo estudo das enfermidades do aparello respiratorio. As enfermidades respiratorias son todas aquelas que afectan ás vías respiratorias e provocan desde molestias na garganta ata enfermidades pulmonares graves.
Programación
Venres, 27 de outubro
16:00.- Sesión Stand by me (Conta comigo). Nesta sesión profesionais de enfermería tratarán aspectos clínicos respiratorios que se poden facer a cargo sen supervisión médica. Participarán as enfermeiras Mª del Camino Muñiz, do HULA; Paz Vaquero, do H.G.U. Gregorio Marañón; e Mª Nerea Zabala, H.U. de Cruces.
17:15 horas.- Conferencia Dr. Rodríguez Súarez, estará de poñente Raquel Duarte, da Universidade do Porto.
18:30 horas.- Sesión Regreso ao futuro. Participarán Juan Luis García-Rivero, do H. Comarcal de Laredo; Rafael Golpe, do HULA; Francisco de Borja García-Cosío, do H.U. Son Espases de Palma de Mallorca; Virginia Leiro, do Hospital álvaro Cunqueiro de Vigo; e Adolfo Baloira, do C.H. de Pontevedra.
20:00 horas.- Asemblea SOGAPAR
Sábado, 28 de outubro
09:00 horas.- Reunións dos grupos de traballo da SOGAPAR.
10:00 horas.- Sesión Duelo en OK Corral. La pleura es mía. Participarán a neumóloga Maribel Botana, do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo; e a cirurxiá torácica, María Delgado, do C.H.U. da Coruña.
11:30 horas.- Sesión O que o vento se levou. Participarán Estaban Cano, do HULA; Eva María García, Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo; Alfons Torrego, do H.U. Santa Creu i Sant Pau de Barcelona; e Manuel Tumbeiro, do C.H.U. de Ourense.
12:45 horas.- Sesión Ao outro lado do espello. Participarán Jose Luis López, do H.U. Vírgen del Rocío de Sevilla; Carlos Vilariño, do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo; Francisco Javier Callejas, do H.U. de Albacete; e do profesor Joao Carlos Winck, da Universidade de Porto.
14:00 horas.- Clausura das xornadas.





















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



