Lugo, 30 de outubro de 2017. A Deputada de Benestar e Igualdade, Sonsoles López Izquierdo; O Presidente do COMITÉ ORGANIZADOR, Jesús Ángel Calviño; e a Presidenta de ALCER Lugo, María José Otero Díaz, presentaron este luns, no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, o IV Congreso da Sociedade Galega de Nefroloxía que organiza a Sociedade Galega de Nefroloxía (SGAN) e a XI Xornada Renal que organiza ALCER Lugo. O Congreso contará con dúas xornadas, nas que participarán especialistas e expertos nefrólogos de toda España e terá lugar os vindeiros 11 e 12 de novembro no Salón de Actos da Deputación. Os interesados en participar teñen ata o 3 de novembro para inscribirse en www.sgan.es. A XI Xornada Renal, que acollerá o Pazo de San Marcos o 12 de novembro, está dirixida aos doentes deste tipo de patoloxía, en nela participarán cirurxiáns, biólogos, farmacéuticos e nefrólogos da provincia de Lugo. O Goberno da Deputación colabora anualmente con ALCER Lugo cunha achega económica de 5.000 euros para o transporte dos usuarios que están recibindo tratamento de hemodiálise na provincia de Lugo.
López Izquierdo subliñou que “actualmente na provincia de Lugo están afectadas por algún tipo de insuficiencia renal máis de 3.000 persoas. Con estes datos, dende as administracións públicas temos que traballar da man e investir máis en investigación, prevención e concienciación, por iso dende o Goberno da Deputación colaboramos con ALCER Lugo no transporte de hemodiálise dos doentes de insuficiencia renal, aínda que non temos as competencias directas nesta materia.”
IV Congreso da Sociedade Galega de Nefroloxía
Venres, 10 de novembro
16:05.- Actualización do rexistro de enfermos renais, por María Encarnación Bouzas Caamaño.
16:25 horas.- Rexistro do acceso vascular e diálises peritoneal. Novas propostas. Pola Doutoras do C.H.U. A Coruña, Ana Rodríguez e Teresa García.
16:45 horas.- Comunicacións orais.
18:30 horas.- Mesa de nefroloxía clínica. Impartida polo Doutor do Centro de Investigacións Biolóxicas de Madrid, Santiago Rodríguez; e Doutor da Fundación Jiménez Díaz, Emilio González Parra.
20:00 horas.- Inauguración oficial.
20:30 horas.- Asemblea da SGAN.
Sábado, 11 de novembro
09:00 horas.- Mesa de hemodiálises, impartida polo Doutor do H.G.U. Gregorio Marañón de Madrid, Alberto Tejedor.
09:45 horas.- Mesa de diálises peritoneal, polo Doutor do H.U. La Paz de Madrid, Rafael Selgas.
10:30 horas.- Casos clínicos de residentes.
11:45 horas.- Mesa de transplante, impartida polo Doutor do Hospital Clínic de Barcelona, Vicente Torregrosa.
12:30 horas.- Comunicacións E-Poster.
14:00 horas.- Conferencia clausura. Qué podemos esperar da nefroloxía para o século XXI. Presidenta da Sociedade Española de Nefroloxía, María Dolores del Pino.
XI Xornada Renal de ALCER
10:45 horas.- Conferencia Inaugural, impartida polo Presidente da Federación de ALCER Galicia, Rafael Rodríguez Martínez.
11:00 horas.- Mesa de Hemodiálises domiciliaria portable. Participarán a Presidenta de ALCER Lugo, María José Otero Díaz; a Médica do servizo de anxioloxía e cirurxía vascular do HULA, Eva Pérez Carballo; e o Xefe do Servizo de Nefroloxía do HULA, Jesús Calviño Varela.
12:30 horas.- Mesa de Investigación e medicación. Participarán a vocal de ALCER Lugo, Carmen Regueiro Teijeiro; Biólogo Xefe do Grupo de Investigación en enfermidade renal do IDIS/CHUS de Santiago de Compostela, Miguel Ángel García González; e a farmacéutica y Concelleira de economía, Ana Prieto Nieto.
14:00 horas.- Clausura.





















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



