Condicións Legais
1) Aceptación dos Termos de Uso e Modificacións
A visita e o acceso a este sitio web esixe a aceptación en todo das Condicións Legais e Termos de Uso que en cada momento se atopen aquí vixentes.
2) Sobre Crónica3.com, A Mariña
Crónica3.com é unha publicación dixital que proporciona información de xeito gratuíto aos lectores e visitantes sen ningún tipo de contraprestación monetaria pola súa parte. O sitio Crónica3 é unha web persoal creada por particulares que corren cos gastos derivados do funcionamento, ten carácter divulgativo e informativo e pretende poñer a disposición de calquera persoa interesada información veraz non necesariamente exhaustiva, exacta ou actualizada. Crónica3.com edítana persoas sen ningún tipo de remuneración monetaria. Os contidos de Cronica3.com teñen como fonte a elaboración propia, a información que envían visitantes da paxina web, colaboradores, a que remiten persoas, organismos e entidades, e a que aparece en medios de información. Cronica3.com publicase baixo licencia Creative Commons Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 3.0. Cronica3.com, A Mariña ten asignado el IISSN 2254-0636 e o código #1201310999681 Safe Creative.
3) Publicación de contidos enviados
Crónica3.com acollese, para todos os traballos publicados desde o 1 de maio de 2008 e sempre que non exista indicación expresa en contra, á licencia Creative Commons Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 3.0. Ao enviar calquera contido a este sitio web, e conforme a súa natureza libre e gratuíta vostede acepta e coñece que o seu traballo se publica con citada licencia . Si vostede cree que a súa propiedade se utilizou de forma que poida supor unha violación do seu dereito a propiedade intelectual, diríxase os editores e indique no asunto “Violación dereitos de autor”.
4) Responsabilidades e garantías
Ao visitar e utilizar Crónica3 vostede acepta o feito de que os propietarios reservan para si o dereito a modificar ou suspender as páxinas dispoñibles, todo o sitio web, borrar temporal ou definitivamente os datos publicados, en calquera momento, sen previo aviso e sen ningún tipo de responsabilidade cos usuarios. Desta forma, propietarios, editores e colaboradores non teñen responsabilidade algunha polo borrado de informacións, fallos no almacenamento, inexactitude dos contidos e outras circunstancias relativas a información de publicada. O usuario e consciente da súa exclusiva responsabilidade pola utilización que efectúe da web Crónica3.com, eximindo de responsabilidade aos propietarios, editores e colaboradores, de calquera tipo de demanda ou reclamación, incluíndo os honorarios de representación xurídica aínda que non fose preceptiva, que puidera ser interposta por un terceiro, debido a/ou como resultado da súa conduta ou da súa conexión a este sitio web, os contidos que ofrece, a súa violación de estes Termos de Uso ou calquera outra violación dos dereitos de outra persoa ou parte. O Usuario comprometese a facer uso adecuado e lícito do sitio web e dos seus contidos e entende e acepta que o uso de este sitio web e de calquera contido ofrecido é baixo o seu propio risco. Crónica3.com non ofrece garantías, implícitas ou explícitas, sobre a non interrupción de acceso a web, a falta de erros, a precisión e a confianza. Os propietarios do sitio web non se fan responsables de aqueles outros datos, sitios web ou arquivos os que sexa posible acceder a través de links dispoñibles nos contidos de esta web. Polo tanto nin aproba, nin fai seus o contido existente en tales páxinas web ou arquivos, nin da calidade, licitude, fiabilidade e utilidade da información, contidos, datos e servizos alleos a esta páxina. Cronica3.com non asume o contido enviado para publicación nin se identifica necesariamente cos traballos enviados e publicados. No caso de que se declaren ilícitos datos ou se declarase existencia de lesión, e se nos notifique expresamente, retirarase o contido obxecto da declaración.
5)Privacidade
O visitante de Crónica3 non ten que facilitar datos persoais e Crónica3 non arquiva na súa web nin fora dela datos privados. O usuario acepta que esta política de privacidade pode sufrir modificacións que serán obxecto da adecuada publicidade nesta web.
6)Legal
Ao utilizar este sitio web vostede acepta estas Condicións Legais e Termos de Uso e calquera tipo de disputa relativa ao uso de este sitio web serán interpretados de acordo ás leis vixentes no lugar de residencia dos titulares de Crónica3.com. De acordo coa Lei de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico 34/2002 de 11 de xullo, Crónica3 A Mariña, con nif 32770955A, identifícase en internet con cronica3.com e cronica3 A Mariña. Para contactar diríxase a Félix Jorquera Caselas. Viladaíde 21 Baixo E. 27790 Barreiros ou fágao directamente indicando “Legal cronica3” no asunto.

















O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



