Ribadeo, 2 de novembro de 2017. A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (APAGA) organiza un novo Fin de semana tecnolóxico, que terá lugar este sábado, 4 de novembro. Trátase dun curso de pintura de vehículos que será impartido por Constantino Gómez, técnico responsable de formación continua na empresa Axalta Coating Systems Spain. A esta cita acudirán profesores de automoción chegados desde Avilés, Santiago, Ponteceso, A Guarda, Verín e tamén Ribadeo, e participarán técnicos de empresas de Barreiros e Ribadeo. No curso abordaranse cuestións como os fondos de última xeración, barnices innovadores ou acabados especiais, entre outras.
O presidente de APAGA, Álvaro Doural, explicou que “nesta ocasión é un curso práctico de pintura de vehículos con seis apartados moi definidos. Por un lado aplicación de fondos de última xeración, bases bicapa, barnices innovadores, acabados especiais, aplicacións nun so pase e reparacións rápidas desde o fondo ata o barniz”.
Doural detallou que “son novas técnicas que se van incorporar. O curso vai ser dado por unha empresa que colabora con nós desde xa fai uns anos que é Axalta Coating Systems Spain, que é dedicada a todo o tema de pintura e aplicacións. Vai vir un técnico de Madrid, que é o que leva a formación continua na empresa”.
O presidente de APAGA salientou que “vai ser un curso totalmente práctico. Vaise facer no servizo Opel de Ribadeo, que nos cede as instalacións para utilizar etse sábado en horario de mañá e tarde. Van participar profesores das catro provincias galegas, de Asturias e técnicos de empresa de Ribadeo e de Barreiros. Hai dúas empresas que están interesadas e posiblemente algunha máis vai vir, pero está aínda sen confirmar. Será un grupo de entre 10 e 15 persoas”.
Álvaro Doural engadiu: “pretendemos facer un curso todos os meses. A formación continua está poñéndose moi complicada porque o sábado é un día de descanso, e se o fas pola semana tamén é difícil, pero estamos satisfeitos porque está funcionando moi ben este programa. A principios de decembro faremos outro curso sobre climatización. Posiblemente imos empezar a abrir algún curso a outros colectivos que nos demandaron. Iso está aínda en proceso de estudo esta posibilidade”.
O presidente de APAGA dixo que “a idea é con este proxecto de Fins de semana tecnolóxicos facer un curso cada mes, de aquí a agosto que sería cando celebremos o sétimo foro”.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



