Viveiro (Lugo), 6 de novembro de 2017.- A Consellería de Infraestruturas e Vivenda iniciará esta semana unha inspección completa da ponte da Misericordia ao obxecto de blindar, de cara o futuro, o seu perfecto estado de conservación.
Os traballos, encargados a unha empresa especializada, estenderanse por un prazo aproximado de oito días. A administración autonómica, que programa este tipo de inspeccións periodicamente, busca avaliar dun xeito exhaustivo a situación desta estrutura e do conxunto dos sistemas de contención para deseñar as medidas de mantemento e de conservación, de ser o caso, máis acaídas.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, insistiu na necesidade de “manter en perfecto estado de revista” un dos monumentos máis significativos e que mellor representan a imaxe e identidade da cidade de Viveiro.
Balseiro lembrou que esta inspección completa outras melloras como as executadas no mes de xuño, e que permitiron o arranxo dun dos tallamares deteriorado e incluíron o mantemento e pintado da varanda da ponte.
Dezaoito sondaxes
A inspección avaliará a capacidade de resistencia da estrutura e o seu estado, permitirá unha nova caracterización dos materiais que compoñen a ponte e fará posible estudar as condicións dos morteiros e argamasas empregados nas bóvedas e nos interiores dos piares.
A campaña prevé seis sondaxes verticais con recuperación contigua das testemuñas, seis perforacións inclinadas nas bóvedas, realizadas desde a superficie do pavimento e seis perforacións horizontais nas piastras. Os trades realizados repoñeranse fixando a testemuña con resina no lugar no que foi extraída.
As obras contan coa autorización oportuna do departamento autonómico de Patrimonio, como corresponde a un ben histórico das súas características. Os traballos implicarán a colocación dunha estada, o que obrigará a cortar un carril de circulación para maior seguridade tanto dos traballadores como dos usuarios da ponte.
A actual construción data do ano 1544
A ponte da Misericordia cruza a ría de Viveiro, desde a porta de Carlos V ata a capela da que recibe o seu nome. A primitiva estrutura ten orixe na dominación romana e deu nome á poboación (Vivario) pero a construción actual data de 1544.
Hoxe a ponte conserva nove arcos e debido ao aumento do tráfico, foi necesario o ensanche da calzada polo que se acometeron diversas modificacións nos anos 1878 e 1926 con obras de ensanche e restauración de plataformas; no 1949 ensanchouse novamente a calzada da ponte e fixéronse as beirarrúas; e no 1982 ampliouse a calzada e reforzouse a cimentación da ponte.





















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



