Burela, 7 de novembro de 2017. A Biblioteca Pública Municipal de Burela convoca os Certames de Nadal para escolares nas modalidades de Poesía Infantil e Postais. O prazo para a presentación dos traballos rematará o 15 de decembro no caso do concurso de Postais de Nadal, e o 23 de decembro no do certame de Poesía Infantil Nadal 2017.
No certame de Poesía Infantil Nadal 2017 poderán participar escolares ata 16 anos establecéndose tres categorías:
-A ata os 8 anos.
-B de 9 a 11 anos.
-C de 12 a 16 anos.
Cada escolar poderá presentar cantos traballos desexe. Os poemas estarán escritos en galego e a súa extensión será como máximo dun folio por unha soa cara.
O prazo de presentación dos poemas remata o día 23 de decembro e deberán ser entregados na Biblioteca Municipal de Burela. O fallo do xurado farase público na primeira quincena de xaneiro do 2018.
No Certame de Postais de Nadal poderán participar todos os nenos e nenas do concello de Burela en idade escolar.
O tema será o Nadal, a técnica libre, e o tamaño da postal 15×20 centímetros pechada e 30×21 cms aberta, en cartolina.
As categorías serán:
-Educación Infantil.
-1º e 2º de Primaria.
-3º e 4º de Primaria.
-5º e 6º de Primaria.
Os traballos remitiranse á Biblioteca Pública de Burela antes do día 15 de decembro ás 20:00 horas.
Os traballos presentados serán expostos ao público na Sala de Arte da Casa da Cultura desde o día 22 de decembro ata o 19 de xaneiro de 2018.






















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



