Viveiro, 7 de novembro de 2017. Este martes procedeuse á sinatura dos convenios de colaboración entre este concello e diversas asociacións deportivas por un importe total de 37.000 euros, dun orzamento total de 67.500 euros para o exercicio 2017 para entidades deportivas. Ao amparo destes convenios, aprobados na Xunta de Goberno Local de data 2 de outubro de 2017, o Concello de Viveiro dálle continuidade á liña de colaboración que vén mantendo coas distintas entidades deportivas concedéndolles unha subvención nominativa para o desenvolvemento da súa actividade durante o presente ano.
No acto, esta Alcaldía asinaou os respectivos convenios cos representantes das seguintes entidades deportivas: Club Ximnasia Viveiro, Viveiro SD, AD San Roque, ACD Penalba, CB Baloncesto e Club Balommano Viveiro. Quedarían pendentes, ademais, a sinatura doutros catro convenios con outras tantas entidades deportivas que están pendentes de presentar no concello a documentación necesaria para formalizar dito convenio; ademais, xa se ten firmado outro convenio co Viveiro CF.
Ademais destas subvencións nominativas, o concello debe asumir os custes derivados das distintas instalacións deportivas municipais; estes gastos, a data 31 de outubro de 2017, ascenden á cantidade de 185.122,83 euros.
Para o Concello de Viveiro o deporte é unha prioridade, entendendo que engloba unha serie de valores que cómpre promover. As subvencións referidas concédense a asociacións deportivas que participan en competencións oficias atendendo principalmente aquelas que fomentan o deporte base.





















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



