O Vicedo (Lugo), 09 de novembro de 2017.- A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio consolida a conservación e impulsa o atractivo dos espazos naturais da Mariña Occidental mediante a realización de traballos de adecuación e recuperación de dous enclaves de contrastado valor como o rego da Regueira, en Xove, e Praia Abrela, no Vicedo. Con estas actuacións, para as que se destinaron un total de 38.000 euros, ponse a disposición dos veciños e visitantes zonas de lecer e esparexemento totalmente rehabilitadas co obxectivo de favorecer a interacción equilibrada entre o uso público e a preservación dos espazos naturais galegos.
Deste xeito, segundo explicou a directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, durante a visita á zona, xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, e os rexedores locais do Vicedo e Xove, José Jesús Novo e José Salgueiro, ambas as dúas intervencións centráronse na protección dos valores naturais existentes en cada zona, así como na recuperación de espazos e dotación das infraestruturas e sinalización necesarias para enriquecer a experiencia dos visitantes nunha contorna que destacada pola súa riqueza ambiental e paisaxística.
No caso do Concello do Vicedo, as actuacións consistiron no acondicionamento de dous sendeiros costeiros que discorren próximos á costa e parcialmente pola Zona de Especial Conservación (ZEC) ‘Costa da Mariña Occidental’. En concreto, trátase de dúas sendas azuis que conectan, por unha banda, a Praia Abreal coa Punta Socastro e, por outra, a ruta da Costa do Vicedo. Neste puntos instaláronse un total de 6 paneis orientativos, informativos e interpretativos que se repartiron do seguinte xeito: dous na ruta da Praia Abrela-Punta Socastro e outros catro no mirador de Toxido e no mirador das Laxes.
Esta actuación completouse coa colocación de 5 bancos de tipo rústico de madeira e 6 papeleiras do mesmo material na parte exterior e metálicas no interior.
Cómpre salientar que estes traballos executáronse na franxa costeira do Concello do Vicedo, que forma parte da Rede Natura 2000, nunha Zona de Especial Conservación como é a Costa da Mariña Occidental. Isto quere dicir, que neste punto existen ecosistemas eulitoriais e supralitoriais de gran riqueza tanto natural como paisaxística, indicou a directora xeral de Patrimonio Natural.
No que respecta ao Concello de Xove, os traballos consistiron na mellora dunha área de esparexemento situado á beira do rego da Regueira, que destaca por ser un espazo representativo da riqueza e biodiversidade propios dos ecosistemas de ribeira. Así, neste contorna, poderanse observar especies arbóreas como ameneiros adultos de gran porte, moi habituais neste tipo de ecosistemas. Do mesmo xeito, resulta un lugar axeitado desde o que apreciar a vexetación herbácea e arbustiva e a fauna ligada ao curso do rego da Regueira.
Por tanto, as actuación nesta contorna estiveron orientadas á rehabilitación dun espazo de lecer e esparexemento que permita achegar a riqueza natural aos veciños e visitantes, ao tempo que se converta nun espazo de interacción equilibrada entre o uso público e a conservación da fauna e vexetación dos ecosistemas de ribeira, típicos do ríos galegos.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



