Viveiro, 9 de novembro de 2017. Con motivo da realización das sondaxes para determinar o estado da Ponte da Misericordia, o peche dun dos carrís da ponte vaise manter ata as 18:00 horas da tarde do venres; dende ese momento e durante todo o fin de semana, os dous carrís da ponte permanecerán abertos, volvendo a pecharse o carril dirección Covas-Viveiro ás 8:00 horas do luns 13 de novembro de 2017. As obras e o peche deste carril manterase durante toda a semana próxima, rematando os traballos previsiblemente o venres 17 de novembro.
Dende o Concello de Viveiro pídense desculpas polas molestias que se poidan ocasionar, indicando que o propio concello tivo coñecemento do inicio destas obras o pasado luns. Inicialmente comunicouse que o tráfico da ponte se restablecería diariamente ás 18:00 horas, ampliándose por indicacións dos técnicos da Xunta de Galicia por necesidades técnicas.
A Policía Local estará a disposición dos afectados informando de calquera cuestión relacionada co corte de tráfico referido.