Foz, 10 de novembro de 2017. Mañá, sábado, celebrarase a inauguración das novas instalacións do pavillón polideportivo municipal de Marzán. Os actos darán comezo ás 17:30 horas e ademais do partido de baloncesto do CB Celtas haberá música a cargo dunha discoteca móbil. O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, invita a asistir a esta inauguración.
O rexedor focense manifestou hoxe que “o equipo de goberno do Concello de Foz quere invitar a todos os veciños e afeccionados ao deporte local á inauguración das novas instalacións do pavillón municipal que se celebrará mañá, sábado, ás cinco e media da tarde, media hora antes do inicio do partido do Club Baloncesto Celtas na súa liga regular”.
Javier Castiñeira engadiu: “estamos moi contentos do resultado destas obras que duraron arredor de catro meses, obras consensuadas cos usuarios, neste caso co Club Baloncesto Celtas de Foz. Moi contentos cumprido un obxectivo, moi contentos do compromiso de Foz cos Celtas e coa mellora das nosas instalacións deportivas. Eu creo que todos os que alí esteamos imos percibir un cambio fundamental nunhas instalacións que no seu momento non cumprían para nada os requisitos mínimos, pois estaba cheo de humidades, cun parqué cheo tamén de fisuras e de humidades. Eran unhas instalacións que desmerecían completamente o esforzo que fan os nosos deportistas. É un día importante e alí estaremos todos”.
O alcalde sinala que “os actos empezarán co corte da cinta ás cinco e media e a entrada xa no pavillón. Despois farase un pequeno acto con intervencións dos participantes, veremos o partido do Club Baloncesto Celtas, que estará animado por alguén ben coñecido da casa e do concello, como é Disco Móbil Moraima para facer un día completo”.
Javier Castiñeira considera que “as críticas do Partido Socialista son totalmente inxustas. É un verdadeiro privilexio que o Concello de Foz teña diñeiro e poida soportar economicamente este investimento grazas ao apoio do BNG, en contra da opinión de Foz Plataforma de Futuro e do Partido Socialista, que votaron en contra deste investimento. O Concello de Foz ten unha situación económica coa que pode permitirse o arranxo do pavillón. Outros moitos investimentos fixéronse co apoio doutras administracións, pero tamén é ben certo que durante a anterior lexislatura a Deputación non apareceu para nada, porque o señor Besteiro foi totalmente sectario co noso concello. E agora que a Deputación non está en maioría e depende do resto dos grupos empeza a confiar no Concello de Foz”.
O rexedor engadiu que ao acto inaugural de mañá “están invitadas diversas administracións, pero o esforzo neste caso é total do noso Concello. E o esforzo político recaeu, e hai que dicilo, no Partido Popular e no Bloque Nacionalista Galego, que foron os dous grupos que aprobaron este investimento”.
Castiñeira declarou tamén sobre os socialistas que “se queren seguir na súa crítica anacrónica de todo o que fai o goberno que o sigan facendo. Nós seguimos construíndo Foz, seguimos aportando novas infraestruturas, novas melloras; e polo tanto é un bo día para celebralo este sábado ás cinco e media, para ver un bo partido de baloncesto e para seguir apoiando aos nosos deportistas e aos nosos clubs porque eu creo que ben merecido o teñen”.






















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



