Burela 29-11-17. Mércores 29 de novembro. A Mariña Benxamín de Fútbol Sala xa se prepara para o Provincial de Seleccións Comarcais. Baixo a batuta de David Riveira, da ACD Xove, e Jesús Ares, de Castrelo FS, e coa coordinación da Fundación Imdecum, o combinado xa adestrou a fin de semana pasada no pavillón burelao de Monte Castelo. A próxima sesión está prevista para este domingo.
O municipal de Baamonde acollerá a cita o mércores 6 de decembro.
Liga A Mariña Lucense-Fundación Imdecum
As pequenas promesas futbolísticas da bisbarra tamén comezarán a competir a vindeira semana na Liga A Mariña Lucense-Fundación Imdecum, destinada ás categorías Prebenxamín e Biberón.
A Real Federación Galega de Fútbol asume a coordinación da liga que organizou nas últimas catro tempadas Imdecum. A AD Santiago de Foz e A Fuga ACD Xove fixéronse co título en Prebenxamín 1 e 2 respectivamente na Copa Prebenxamín da Mariña de 2016-17, que serviu de broche á Liga, co Maderas Barcia Lourenzá e AD Santiago de Foz como campións en Prebenxamín 1 e 2.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
