Riotorto, 30 de novembro de 2017.- O secretario de Organización do Partido Popular de Lugo e deputado autonómico, Daniel Vega, destaca a calidade dos produtos da horta de Riotorto durante a visita á empresa Bidueiro e á cooperativa Labregos de Lugo, situadas no municipio de Riotorto. Vega mantivo unha xuntanza con representantes destas iniciativas empresariais, durante a que se interesou polas inquedanzas do sector e máis lles trasladou o traballo que se está a promover dende a Xunta de Galicia para poñer en valor os produtos hortícolas e dalos a coñecer a nivel nacional e internacional.
O deputado autonómico enxalzou as condicións e as características que ofrecen os produtos “da nosa horta cun amplo recoñecemento no mercado local” e lembrou que dende o Goberno galego están centrados en impulsar estes cultivos “tamén nos mercados nacionais e internacionais para ampliar a súa expansión, consolidar este sector e certificar a súa calidade”. Neste mesmo eido, Vega puxo en valor que a “Xunta de Galicia estea a apostar de xeito decidido por impulsar a horta” así citou, como unha das medidas, “que se acade a marca 100% Galega non só no produto lácteo e no cárnico senón tamén no hortícola”.
“Na provincia temos a sorte de contar con infinidade de produtos de calidade e, polo tanto, estamos ante un sector que debemos difundir e potenciar xa que esta liña de traballo tamén favorece a supervivencia das zonas rurais e complementa outras producións e outras explotacións como son as de leite”, remarca Daniel Vega.
Polo tanto, o deputado autonómico quixo aproveitar nesta xuntanza, igual que está a manter con outros sectores da provincia e, especialmente da comarca da Mariña, “para coñecer as preocupacións que ten o sector e as necesidades que os moven para darlles as respostas axeitadas dende os ámbitos competentes”. A maiores, Daniel Vega tamén comprobou de primeira man o traballo diario que se desenvolve nestas empresas. “O contacto directo cos traballadores é vital para darlles unha resposta axeitada e con este obxecto é co que estamos a desenvolver as diferentes reunións que estamos a manter pola comarca”, precisou
















Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



