Lugo, 19 de decembro de 2017. A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, e o Concello de Cultura de Meira, Agustín Méndez, presentaron este martes a programación do Nadal Cultural 2017 que organiza a Asociación Avelino Díaz e que leva o nome de 120 anos de Avelino Díaz. No acto, participaron membros de dita asociación, encargados da organización desta iniciativa que se desenvolverá os días 22 e 23 de decembro nos Concellos de Riotorto e Meira, respectivamente. O Goberno Provincial colaborou coa asociación a través da TIC, coa gravación do primeiro documental sobre o poeta de Meira nacido en Riotorto.
García Porto destacou que “a través desta iniciativa contribuímos á difusión da figura e escritor lucenses, tanto pola súa obra, que destaca pola altísima calidade; como pola súa traxectoria vital: un lucense emigrado ás América que sempre tivo morriña da súa terra e do seu idioma. Dende o Goberno da Deputación, e dentro da nosa aposta por impulsar a cultura e o idioma, continuaremos a pór en valor a figura deste autor lucense da literatura galega do século XX”.
Programación
Venres 22 de decembro
19.30 horas. Local da Órrea – A Terra de Miranda: Lacón Poético
Proxección do documental Riotorto emigrante: a voz dos retornados, de Vanesa Gómez Lourido e Miriam Bouso.
Presentación do libro de Avelino Díaz 14 poemas, por parte da poetisa mirandesa María José Fernández, con edición crítica e estudo previo de Benigno Fernández Salgado. Recital Poético.
Entrega á asociación de Veciños da Órrea do cadro A Órrea dende a Eirexa, por parte do pintor mirandés Antonio Rivas Pol.
Actuación do Coro de Riotorto.
Sábado, 23 de decembro
17:00 horas. Centro Sociocultural de Meira.
Conferencia: Avelino, un periodista de raza; a cargo de Xosé López García, catedrático de xornalismo da USC e Secretario do Consello da Cultura Galego
Presentación do libro de Avelino Díaz 14 poemas, con edición crítica e estudo previo de Benigno Fernández Salgado.
Conferencia: A voz nobre e conmovida de Avelino Díaz na poesía galega transterrada de Buenos Aires (1930-1970), a cargo de Xesús Alonso Montero, ex-Presidente da Real Academia Galega.
Intervención do Presidente da Asociación Cultural Avelino Díaz, Paco Veiga.
Actuación do Tango en Xaneiro.
20:00 horas. Centro Sociocultural de Meira.
Musiqueando a Avelino, con actuación de Nove Ferreñas Pandereitas e outros grupos.
De Lugo a Arxentina
Díaz naceu en Riotorto, no lugar da Travesa, na parroquia de Santa Comba da Órrea, onde viviu ata os dez anos de idade. Aos 12 viuse na obriga de emigrar coa súa familia a Bos Aires, alí permaneceu seis anos ata regresar a Meira, onde exerceu coma mestre durante un ano para marchar de novo, e non regresar. Na capital arxentina, Avelino Díaz desenvolveu unha intensa actividade xornalística e literaria. Como legado, deixou publicadas tres obras: “Debezos” e “Pallergas”, en galego xunto a “Flor de Retama”, en castelán.




















O lume iniciouse ás 14.51 horas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 7 axentes, 11 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.



