Lugo, 22 de decembro de 2017.- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, destacou hoxe a importancia do programa Malaikas como medio para romper o illamento das mulleres migrantes, e empoderalas para afrontar os seus proxectos de vida dentro do proceso migratorio. López Abella fixo estas declaración no peche do programa que tivo lugar en Lugo e no que tamén participou a coordinadora territorial da fundación Juan Soñador, impulsora do proxecto, Eloína Ingerto López.
O programa, que leva por nome unha palabra en swahili que significa ‘raíñas’, busca incrementar as redes de apoio social das mulleres que participan, mellorar o seu benestar emocional e a posibilidade de afrontar situacións persoais, familiares e sociais a través de espazos grupais e comunitarios, e sensibilizar á cidadanía sobre a situación da muller migrante a través dun enfoque de igualdade de xénero.
Os contidos do programa foron a resposta ás demandas das mulleres que participaron e ás necesidades que se detectaron, como foron autoestima, afectividade e relacións sexuais, corresponsabilidade, saúde e adiccións, vantaxes e perigos das novas tecnoloxías, inclusión social e non discriminación, manexos do patriarcado, empoderamento das mulleres e cooperación e asociacionismo.
No programa, cofinaciado pola Xunta de Galicia, participaron 388 mulleres de entre 18 e 67 anos en risco de exclusión social e en situación de vulnerabilidade. 161 na Coruña, 128 en Ourense, 87 en Vigo e 12 en Lugo.
Homenaxe
Por outra parte, a secretaria xeral da Igualdade participou máis tarde no acto en memoria da que foi presidenta da Asociación de axuda ao enfermo mental da Mariña Iris Castro Meitín que se celebrou en Cervo (Lugo). López Abella louvou o seu labor e destacou a súa gran dedicación á organización da asistencia ás persoas con problemas mentais e o apoio social ás mesmas e ás súas familias, desde o que se fundou o colectivo en 1999 ata a súa morte, este mesmo ano.








Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



