Foz, 27 de decembro de 2017. Este mércores tivo lugar o sorteo dos 1.000 euros en vales de compra da Campaña de Nadal. Os afortunados e afortunadas con 100 euros cada un foron Fina González Iglesias, que realizou unha compra en Din y Don; Marta Geada Arca, que mercou en Din y Don; Josefa Lage, que comprou en Milar ElectroFoz; Rodolfo Otero, que consumiu na la Estación de Servicio La Ola; e Benjamín López Rodríguez, que fixo compra en Lourdes Moda Íntima. E a agraciada con 500 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados ao Centro Comercial Aberto de Foz foi Ángeles Merino López, que mercou en Kukadas.
Nos estudios de Radio Foz tamén se sortearon 4 paraugas do CCA, que foron para Mª Fé Rouco Caserío, que comprou en Vas’s; Antía Río García, que consumiu en Anduriña; Rocío Blanco, que mercou en Decoraciones Pura; e Milagros Lende, que fixo compra en Ginzo Mujer y Hombre.
Os afortunados e afortunadas da Campaña de Nadal do CCA de Foz recibirán os seus premios mañá, xoves, no Cenima a partir das 12:00 do mediodía. Teñen ata o 6 de xaneiro para gastar os seu vales e compra.
Concursos
O CCA focense tamén organiza un concurso de árbores de Nadal e outro de escaparates, para os que se recollerán votacións a través da páxina de facebook da asociación ata o vindeiro 7 de xaneiro. Desde o Centro Comercial Aberto sinalan que en colaboración coa Concellería de Medio Ambiente ás árbores serán replantadas en diferentes puntos da localidade.





















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



