Burela, 29 de decembro de 2017. Dobre cita musical en Burela. Este venres ás 21 horas na Casa da Cultura haberá concerto de Zoelas. O evento está organizado polo Concello. A entrada é de balde.
Zoelas é un grupo musical de recente creación que nace na Comarca da Ulloa. O xermolo do colectivo sitúase na Asociación Fiadeira, da que forman parte as integrantes de Zoelas. O nome é collido daquela tribo prerromana que habitaba a zona noroeste da península. Un matriarcado cuxos valores serven ao grupo de inspiración para moitas das súas composicións.
Partindo do seu contacto coa música tradicional, Bea García, Érica García, Carmela Mariño, Pilar Navego, María Bouzas e Patricia Coucheiro deciden xuntar inquietudes musicais para dar lugar a Zoelas, proxecto no que mesturan as raíces do canto tradicional con melodías doutros estilos musicais e letras propias convivindo con coplas recollidas. Ofrecerán un concerto onde os asistentes navegarán entre sons de diferentes países cun eixo común: voces femininas ben acompañadas por Bruno Villamor á requinta, gaita e zanfoña; Miguel Varela á percusión e Michel Rivadulla á guitarra e ao acordeón.
E o sábado, ás 19:30 horas tamén na Casa da Cultura terá lugar o concerto Uxía canta a Uxío. Trátase dunha actividade da Rede de Dinamización Lingüística coa que colaboran o Concello burelés, a Deputación de Lugo, a Xunta de Galicia e a Fundación Uxío Novoneyra.
A irrepetible voz de Uxía e a poesía de Uxío Novoneyra xuntos nun concerto de Nadal en que a coñecida cantante interpreta os textos do poeta do Courel acompañada polo músico Sérgio Tannus.






















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



