Lugo, 27 de xaneiro de 2018.- A Xunta e a Asociación Provincial de Empresarios da Hostalería de Lugo (APEHL) organizan para os vindeiros días charlas informativas en Viveiro, Lugo e Monforte de Lemos, co fin de achegar ao axentes do sector turístico detalles das distintas liñas de axudas ás que poden optar.
A primeira destas charlas terá lugar o luns, día 29, na Delegación da Xunta en Celeiro (Viveiro). O mércores 31 celebrarase o acto na Delegación Territorial da Xunta en Lugo, e para rematar o martes 6 de febreiro convócase ás persoas interesadas á xuntanza no Centro do Viño, en Monforte de Lemos.
Todas elas comezarán a partir das 18.00 horas, e contarán coa participación do delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, e o presidente da APEHL, Cheché Real. Técnicos da área de turismo encargaranse de desgranar os diferentes programas de apoio aos que poden optar os empresarios relacionados co sector turístico.
En concreto, nestas primeiras semanas do ano Turismo de Galicia convoca oito liñas de subvención que superan en conxunto os 5 millóns de euros de orzamento. As dúas primeiras convocatorias xa se publicaron no Diario Oficial de Galicia (DOG): axudas ás entidades locais para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas e axudas aos establecementos de aloxamento.
Precisamente a principal novidade na programación deste ano de Turismo de Galicia son as subvencións a entidades privadas para a mellora dos establecementos turísticos de aloxamento, co fin de incentivar aos empresarios do sector para que melloren a imaxe e confort dos aloxamentos. A contía da convocatoria é de 500.000 euros. Esta orde publicouse no DOG o pasado martes e o prazo de presentación de solicitudes é dun mes.
Entre as convocatorias que se publicarán proximamente, destacan as subvencións para empresas do sector turístico para impulsar a creación e promoción de produtos turísticos cun carácter innovador e axustados a determinadas liñas temáticas, como o Camiño de Santiago, Bosques de Galicia, Balnearios, enogastronomía ou turismo mariñeiro, entre outros. O orzamento é de máis de 650.000 euros.
Así mesmo, tamén se informará aos asistentes ás charlas doutras canles de financiamento ás que poden optar os empresarios do sector para impulsar os seus negocios, por exemplo a través dos Grupos de Acción Local de Pesca (GALP) e dos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR).
Por último, farase referencia aos programas de apoio empresarial que desenvolve o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e ás axudas ao emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



