Parouse o reloxo, conxeados. Vivimos nunha burbulla, incomunicados da civilización, desculpas, íamos a Riga levar peixe ou liño, os nosos avós foron a América ou ó Gran Sol. Vivimos das rendas, Viveiro Capital del Imperio Romano. Viveiros, hai 50 en Galicia, basta de laiar e acomplexarnos, hai que abrinse ó mundo e petar en portas. Para algúns non é doado, de pisos de estudantes con tupper de mamá, pasan a gobernar directamente a 15.000 persoas, sen traballar, “sen experiencia”, nin ver outros sitios dos que aprender. Non lle viña mal a Viveiro que a alcaldesa se fora de vacacións ou a estudar nunha nova cidade, ela medraría e Viveiro na súa ausencia tamén.
Imos gastar os cartos a “London” pero preguntas en Ourense ou Malpica -¿Onde está Viveiro?- e non saben onde queda, unha realidade latente. Fai máis unha páxina de facebook ou un blog que miles de cartos mal invertidos. Publicidade localista, propaganda política que consumen parvos, xogos de trileros ¿Onde está a moeda?. Fumos patria de ilustres, hoxe de ilusos.
Por ideas non foi… un plan de embelecemento urbán, un museo, un centro de negocios ou pazo de congresos, rutas turísticas, excavacións, parking de autocarvanas, mesas por sectores, mellorar e valorar as parroquias e unha lista longa de solucións absequibles e últiles para unha cidade do mundo actual. ¡Copiaron o de Viveirovive, un slogan que fixemos e agora poñen ViveViveiro, tomen nota doutros asuntos!
O GOBERNO PÓKER, O XOGO DO DOBRE OU NADA.
Isto semella un xogo. 200 empregados e os concelleiros non cobran un peso, deberíamos ter 7 dedicacións exclusivas por lei, remataríamos co conto de “A mi no me pagan” ou “Yo trabajo por aficción”, hai que profesionalizar e esixir responsabilidade. O Barato sae caro. Dan peixe, non ensinan a pescar. Dín que o goberno anterior gastaba máis e metía xente a traballar no Concello, pero os empregados eran 90 e o presuposto de 2002 de 7,8 millóns de euros, ou no 1985 1,2 millóns, datos, hoxe o dobre en todo, ata dupricaron a débeda. O Goberno do dobrete. Facíase máis con menos, e Viveiro estaba no panorama nacional, as obras físicas están aí: colexios, centro de saude, xulgados, centros sociais, escola de idiomas, conservatorio, consistorio, parques… 15 anos e non se fixo nada pese a manexar máis pasta que nunca. No ente común a xente está contenta, hai pan e circo, whisky e tripi, a obra debería titularse coma a de Chomsky e Ramonet: COMO NOS VENDEN LA MOTO. Afogan á economía e as empresas locais.
Sorrisos, acomulamos multas e problemas, creen que un chega ó posto, votado por un pobo, pero aqueles que coñecemos a política sabemos que por desgraza ponte o partido, tocado polo dedo máxico. O nivel político está de saldo. As propostas inxeniosas ausentes.
Palomas,come migas, telaraña, sempre o mesmo patrón, montan un negocio relacionado co tema público que levan, e ollo montar empresas está moi ben ¡Por favor, facédeo antes de entrar en política, non durante o exercicio dun cargo!
Ogallá resurxa o hoxe inerte brote verde. Non ó asasinato desta terra nai, coidémola mentres vivamos nela. Viveiro,significa sementeiro, orixen de algunhas cousas, onde nacen e rebrotan pequenas árbores ou animais, imos facer honra ó nome e comezar a crear. Según o poeta brasileiro Mario Quintana :“ O segredo é não correr atrás das borboletas…É cuidar do jardim para que elas venham até você”
















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



