Lugo, 29 de xaneiro de 2018. O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, avanzou que “o mércores participaremos nunha nova edición de Xantar: a feira gastronómica organizada por Expourense, e destinada ao fomento e difusión da cultura culinaria e do pobo galego”. Trátase da XIX edición deste Salón Internacional de Turismo Gastronómico que acolle a cidade de Ourense, do 31 de xaneiro ao 4 de febreiro, para promover e defender a calidade da gastronomía e o turismo sustentable e saudable na comunidade galega.
Vidal Baamonde subliñou que “contaremos cun espazo propio no que vamos a estar promovendo a provincia e os seus produtos e citas gastronómicas, a través de material informativo e degustación de alimentos típicos lucenses, entre os centos de persoas que reúne este evento. Para isto, previamente puxémonos en contacto cos 67 Concellos da provincia, cos Consellos Reguladores de Denominación de Orixe, cos Consellos Reguladores de Agricultura Ecolóxica, Indicacións Xeográficas Protexidas, e tamén coas Asociacións de Criadores de Razas Autóctonas, ademais da Asociación Provincial de Hostalería da Provincia. Tamén terán presenza as Reservas da Biosfera”.
O Deputado de Turismo explicou que se “trata dunha grande oportunidade para dar a coñecer Lugo e os produtos de calidade cos que contamos entre as diferentes empresas de restauración, produtores, entidades públicas e privadas, e público en xeral, das rexións participantes de España e Portugal, que alí se congregan e que agardamos convencer para que nos veñan a visitar e gozar dun lugar único como é a nosa provincia”.






















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



