Lugo, 29 de xaneiro de 2018. O Presidente da Deputación e Alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde, e a Deputada de Economía e Alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, presentaron este luns o Campionato Galego de Seleccións Comarcais de Fútbol Sala, que organizan conxuntamente coa Real Federación Galega de Fútbol e que se celebrarán por primeira vez nos Concellos da Pontenova e Trabada. No acto estiveron presentes, o Delegado da Federación Galega de Fútbol, Manuel Castro Núñez, e o responsable do Campionato, Manuel Piñeiro. Esta cita deportiva terá lugar o sábado 10 de febreiro, dende ás 9:00 ata ás 21:30 horas, no Pavillón Municipal da Pontenova e no Polideportivo de Trabada.
Campos Conde explicou “que o Pavillón Municipal da Pontenova acollerá dende ás 9:00 da mañá os partidos que disputarán as 8 seleccións participantes nas categorías de infantil masculino. Serán 120 persoas, entre xogadores e persoal técnico, ás que visitarán o noso Concello nesta data. Polo tanto, esta é unha boa oportunidade para dar a coñecer a nosa vila, e ao mesmo tempo para desfrutar do deporte entre os máis novos, con equipos de primeira categoría de toda Galicia”.
García Bermúdez sinalou que “todas as promesas do fútbol galego, que participan na categoría alevín con equipos mixtos, daranse cita no Polideportivo de Trabada o vindeiro dia 10 de febreiro. Para Trabada será un acontecemento deportivo de primeiro nivel, xa que é a primeira vez que se celebra no noso Concello, ao que asistiran 120 persoas dos 8 clubes que compiten neste Campionato. Unha xornada única na que a nosa vila acollera estas finais como un revulsivo económico importante, ademais, quero lembrar a grande tradición futbolística que sempre houbo en Trabada, por iso, seguro, será unha cita inesquencible para todos”.
Finais
Os equipos que asistirán son da; Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo, Ferrol e a da Cost. A final da categoría infantil masculino, disputaranse ás 20:00 horas no Pavillón Municipal da Pontenova, e a de alevín mixto ás 21:00 horas no Polideportivo de Trabada. Ambos mandatarios agradeceron a implicación da Federación Galega de Fútbol na organización deste evento, no que tamén colaboran clubes locais destes dous Concellos, como o Deportivo Rececende da Pontenova e o Trabada Futsal.























No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
