Ribadeo, 29 de enero de 2018. A gala benéfica EmocionArte, que se celebrou o pasado sábado no auditorio municipal Hernán Naval, de Ribadeo, recadou 300 euros, que se repartirán entre dúas protectoras de animais de A Mariña: Valadouro Alfoz e Bigotes, de Burela. O evento foi organizado pola iniciativa Creer es Crear, que promoven Juan Luis e Guillermo Amor, e o centro veterinario Anima Mundi, de Ribadeo. Contaron coa colaboración do Concello de Ribadeo.
Os organizadores agradeceron “la asistencia de las más de 100 personas que estuvieron en la gala y apoyaron la causa y a los que colaboraron con la fila 0. Y también a todos los participantes en el evento: ponentes Creer es Crear, grupo de danza del vientre Dumtak De Nur, Adiestramiento canino Eo K-9 astur, las dos protectoras y los artistas que aportaron su música y voz. Y agradecemos además al Concello por dejarnos las instalaciones y ayudar en la gala”.
EmocionArte contou coa participación de Juan Luis Amor e Guillermo Amor, poñentes Creer es Crear; o grupo de danza do ventre Dumtak De Nur; Borja González, de Adestramento canino Eo K-9 astur; e a actuación final con música e voz en directo correu a cargo de Abel Pérez, ao acordeón, e Inés Pérez, como voz solista.






















Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



