Cervo, 2 de febreiro de 2018.- O Concello de Cervo programa o tradicional desfile de Entroido, para o martes, 13 de febreiro.
Así o anunciaron o rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Cultura, Dolores García Caramés, durante a presentación do evento, na que tamén estivo presente, Pilar Prieto, en representación do Centro de Iniciativas Turísticas (C.I.T.), que se encarga de organizar a Cea de Entroido.
O desfile partirá ás 18:00 horas da carpa instalada na Praza dos Campos, e os disfraces percorrerán a Avenida da Mariña, chegarán ata a Ría e ata o Pedregal, para rematar no punto inicial.
A Charanga Os Macanudos amenizará a Festa xa dende as 17:30 horas; e ao remate do desfile haberá venda de bolos preñados a cargo da Asociación A Rebolaxe; e a música correrá a cargo do Grupo Kalimea.
Repartiranse máis de 2000 euros en premios entre os mellores disfraces do seguinte xeito:
INDIVIDUAL: 1º premio infantil 40 euros, 2º premio infantil 20 euros, 1º premio adulto 40 euros, 2º premio adulto 20 euros.
GRUPO XUVENIL: 1º premio 200 euros, 2º premio 120 euros, 3º premio 70 euros.
PARELLAS: 1º premio infantil 70 euros, 2º premio infantil 35 euros, 1º premio adulto 70 euros, 2º premio adulto 35 euros.
COMPARSAS (máis de 9 persoas): Infantil (1º premio 250 euros, 2º premio 170 euros, 3º premio 90 euros; adulto (1º premio 250 euros, 2º premio 170 euros, 3º premio 90 euros).
GRUPOS (de 3 a 8 persoas): Infantil (1º premio 120 euros, 2º premio 90 euros, 3º premio 60 euros); adulto (1º premio 120 euros, 2º premio 90 euros, 3º premio 60 euros).
Os interesados en participar no desfile poderán anotarse na Casa da Cultura de San Cibrao, chamando ao t982.59.51.57; ou no correo casadacultura@concellodecervo.com, dende o luns 5 de febreiro, en horario de maña, e ata o venres 9 de febreiro incluído; e recibirán vales consumición para os establecementos hostaleiros locais.
Aceptaranse inscricións o luns, 12 de febreiro, na Casa da Cultura ata as 14:30 horas; e o mesmo día do desfile na Praza dos Campos, dende as 16:00 ata as 17:30 horas; pero sen dereito a vales.
Os participantes que desexen anotarse a partir das 17:30 horas do día do Desfile quedarán excluídos do concurso, pero poderán participar igualmente na marcha.
Os premio entregaranse na Praza dos Campos ás 21:30 horas; e todos os gañadores terán que recollelo co disfrace posto.
Os interesados en asistir á Cea de Entroido que organiza o C.I.T. poden facerse co seu ticket no propio local da entidade.



















Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



