Ribadeo 10-2-18. O atleta ribadense Aleix Díaz Salas participou o pasado domingo 4 de febreiro no Campionato de España de clubs sub-16 en pista cuberta, que se celebrou en Zaragoza. A Escuela Atlética Lucense, club ó que pertencen os irmáns Díaz Salas, conseguira clasificarse por puntos entre os 7 mellores clubs de ámbito nacional para poder participar neste campionato. O oitavo posto estaba reservado ós organizadores, o Simply-Scorpio 71 de Zaragoza. Ata a capital aragonesa se desprazaron os lucenses (único representante galego) na xornada do sábado.
Xa na matinal do domingo no Pavillón municipal de deportes, era o turno do atletismo, e a partir das 10 h. daban comezo as probas ante un numeroso público que animaron sen tregua ós seus atletas, pero sempre cun gran respeto hacia os rivales.
Aleix competiu en duas probas, en primeiro lugar nos 300 m.l., onde acadou a 2ª posición da sua serie, cun rexistro de 39.51 seg. Posteriormente e como proba de peche do campionato, participou nos relevos 4 * 2 voltas, onde xuntos cos seus compañeiros Aitor, Adrián e Alvaro lograban o 3º posto da sua serie.
Ó final a Escuela Atlética Lucense acadaría unha moi meritoria 5ª praza compartida co A.D. Maratón de Madrid, a tan só 4 puntos do 4º clasificado, o AA Catalunya.
O campionato foi gañado po-lo Prais de Castellón, medalla de prata Cueva de Nerja, bronce Valencia Esports, 7ª posición para Simply-Scorpio 71 e 8º JA Sabadell.
Unha gran experiencia para Aleix e un gran resultado para o seu equipo.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
