Ribadeo, 14 de febreiro de 2018. O grupo municipal do Partido Popular no Concello de Ribadeo insta ao equipo de goberno local a que comece a traballar no arranxo da rede de auga, que cada pouco tempo sufre roturas debido ao mal estado das instalacións.
O portavoz do PP en Ribadeo, Jesús López Penabad, manifesta que “outro día máis volve á actualidade a traída da auga de Ribadeo e non por boas noticias senón pola rutina de sempre, que é unha gran rotura na parroquia de Ove, que parece que ser que é onde máis problemas ten”.
López Penabad engade que “a xente dirá con razón que aí deberían participar todas as administracións e estamos totalmente de acordo. Pero o que non pode facer o que está gobernando, o que ten a titularidade, o propietario das instalacións é tapar, mirar para outro lado e botarlle a culpa ao de enfronte. Iso é o que está pasando en Ribadeo coa traída da auga”.
O voceiro popular asegura que “polo menos todos os meses hai roturas graves. Nesta época na que a climatoloxía acompaña e hai auga en abundancia non supón tanto problema, pero en pleno verán, cando a auga é máis escasa e a poboación de Ribadeo é moito maior, pode ocorrer isto e podemos atoparnos cun grave problema. E para o alcalde a culpa sempre é do de enfronte, da Xunta de Galicia. Pero quen está gobernando en Ribadeo, quen ten as competencias, quen ten a titularidade desa traída da auga?”.
Ante esta situación o PP reclámalle ao equipo de goberno municipal que “empecen a facer algo e pidan axuda ás administracións que faga falta. Pero, por favor, dunha vez por todas solucionen un problema moi grave que ten Ribadeo e que pode ser moito maior”.
Para López Penabad “con pasotismo e botándolle a culpa ao de enfronte non imos arranxar nada. Tapando furados, que é o que se está facendo, subsánase, pero este é un problema que nos vai estalar nas mans e non será porque non insistamos nisto. Empecemos e démoslle solución a este gran problema que ten Ribadeo, dun servizo básico e coas instalacións nunhas condicións deplorables; e non é que o digamos nosoutros, é que o din elas mesmas, que cada pouco tempo están reventando”.
O portavoz do PP recalca: “goberno de Ribadeo, empecen a amañar este tema e despois pidan axuda a quen a teñan que pedir, pero metan man a este gran problema e non boten balóns fora”.



















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



