Lugo, 15 de febreiro de 2018.- O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, destacou que a dotación de desfibriladores aos servizos locais de emerxencia procurará unha resposta máis efectivas ante situacións de risco. “O Goberno galego -afirmou- entende que as Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil e o GES deben dispoñer desta valiosa ferramenta pola súa capacidade de resposta ante as emerxencias que se rexistran no seu entorno”.
Balseiro lembrou que a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, xunto coa Consellería de Sanidade, entregaron 47 desfibriladores a 40 concellos e aos seis parques de bombeiros lucenses. No caso dos concellos, foron seleccionados os que dispoñen de Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) ou de agrupación de Protección Civil.
En concreto, os concellos beneficiarios foron os de Baleira, Barreiros, Becerreá, Burela, Carballedo, Cervantes, Cervo, Chantada, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Foz, Friol, Guitiriz, O Incio, Lourenzá, Meira, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Monterroso, Negueira de Muñiz, Ourol, Palas de Rei, A Pobra de Brollón, Pol, A Pontenova, Portomarín, Quiroga, Ribadeo, Ribas de Sil, Riotorto, Sarria, Sober, Taboada, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Vilalba, Viveiro, Xermade e Xove.
Cada municipio recibiu un desfibrilador excepto Vilalba, ao que se lle entregou un para a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil e outro para o servizo municipal de Protección Civil.
Balseiro destacou que a Xunta está desenvolvendo “unha estratexia de cardioprotección que inclúe o uso de desfibriladores fóra do ámbito sanitario, formando a diversos colectivos no seu manexo para dar unha resposta áxil e achegar á poboación o antes posible os recursos máis efectivos”.























Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



