Ribadeo, 15 de febrero de 2018. Alba Sánchez Ares recibirá como agasallo unha peza exclusiva de cerámica.
“Tras deliberar, el jurado compuesto por Mini López-Santos Santiago y José Ramón Leal Segura y bajo el asesoramiento profesional del poeta Paco Rivas, ha dictaminado que la ganadora de la cuarta edición del concurso de Cartas de Amor de Terra Branca sea Alba Sánchez Ares, de 26 años, vecina de Santiago de Compostela”, sinalan dende a galería ribadense.
O propietario de Terra Branca, José Ramón Leal, explica que “la ganadora estuvo por primera vez en Ribadeo el pasado verano y quedó prendada de la belleza de As Catedrais. En esta carta se mete en la piel de un indiano y le dedica una carta llena de emoción y sentimientos a Ribadeo”.
José Ramón Leal felicita á gañadora: “personalmente quiero dar las gracias a los miembros del jurado por su colaboración y también agradecer la participación de todos los concursantes…a los que convocamos ya para la quinta edición de este concurso dedicado al amor. La participación este año ha sido similar a la de 2017, se han presentado medio centenar de cartas a nuestro concurso y estamos muy agradecidos por ello”.
Carta gañadora
“Un día calquera”
Prezada:
Imposible non lembrarte. Lévote tan dentro coma a primeira vez que te vin. Fermosa, bulideira, eterna. Sempre ao meu carón, agarimándome coma o mar á praia. Recordo eses ollos mirándome, negros e xigantes, mentres facía castelos de area. Recórdote sempre presente, sempre, aínda que eu estivera lonxe.
Vexo no espello unha figura diferente da que ti coñeciches, cambiei pero nunca deixaches de ilusionarme.
Gústame recordarnos; os paseos, as gargalladas, as cóxegas pola rúa de San Roque, tentar ás ondas da praia dos
Castros…
Morriña de ti, neste xardín de palmeiras e camelias tamén ole a magnolios e os minutos dourados pesan ao carón da reixa de forxa.
As miñas pegadas brancas e negras seguen ao bastón. Da Havana moitas cousas trouxen pero máis levei de ti. Escuma
branca, branca roupa. Terriña verde, enchíchesme o corazón para sempre e por sempre este fillo retornará a ti.






















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



