Asistimos a unha nova e máis moderna entrega da doma e castración, disfrazada de modernidade e de igualdade de oportunidades. Un político, de nome catalán, propón que as linguas cooficiais deixen de ser obrigatorias para os funcionarios en cada territorio, por lei estatal claro, nos que aínda é obrigatorio que non son todos por certo. Unha medida cando menos moi culta e que preserva a riqueza do Estado, non si?. Coido que inspirada por ese gran líder do socialismo e Presidente da veciña Asturias: “Sin lengua no hay nacionalismo” dixo, e quedou tan tranquilo, que grandeza de ideas.
Son xenialidades da nova política, a intención de mudalo todo, incluso a calidade de atención dos funcionarios, xa que para esta xente o verdadeiramente obrigatorio é saber castelán. E dicir, adaptar os administrados á administración o que non fale castelán que o aprenda, nembargante ó que lle pagamos todos non ten por que facelo.
Imos ser claros este partido, Ciudadanos, defínese como moderno e europeísta, xa vemos que moderno non é cando aplica principios da política de 1486 e para desgusto dos propios laranxas tampouco son moi europeístas: “o multilingüísimo é unha das claves da riqueza cultural de Europa con 24 linguas oficiais, cada europeo ten dereito a dirixirse á Comisión Europea na lingua oficial que considere e a Unión ten a obriga de resposta na lingua elixida” di o portal da Unión. Máis ou menos como propón o Sr. Rivera, non si?. Xa que logo porque non propón esta política en Europa, todos a falar inglés e francés. Moi fácil, porque é ridículo e choca coa esencia do proxecto de Europa.
Xa non imos falar de respecto, de historia, de cultura, de dereitos compre lembrar que a propia Constitución que tanto PP, PSOE E C´s veneran é a que fala dos principios de descentralizar e desconcentrar de achegar a administración á xente, que fai logo Ciudadanos propoñendo isto? Pois xa o vemos centralizar e traizoar á súa propia esencia constitucionalista, que cousas ten a nova política.
Estes procesos de involución, só fan que cada día máis, perdamos o convoi de Europa, seguro que os socios ven con preocupación cada agresión que estes grupos fan a construción común, danando os dereitos dos pobos, os dereitos dos galegos, dos vascos e dos cataláns e daqueles que loitan polo recoñecemento da lingua nos seus estatutos como agora os Asturianos.
Quen pode acreditar en esta xente que se chama europeísta e fai propostas que están no camiño diametralmente oposto ó recoñecemento e dereitos dos cidadáns de Europa?
A resposta de nivel foi: “Sin lengua no hay nacionalismo”, isto xa se resposta só, Señor Presidente de Asturias, sobre algún tipo de nacionalismo saben moito na súa terra, teña respecto.
Piñeiro Docampo
Sº Xeral de CxG.


















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



