Lugo, 23 de febreiro de 2018. A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, informou da aprobación este venres en Xunta de Goberno do Buxiganga 2018, que chega á súa décima edición. O Goberno Provincial decidiu dotar de 70.000 euros os fondos desta programación, incrementando o orzamento nun 25% en relación ao ano anterior, debido á alta participación nesta iniciativa. Logo da aprobación na Xunta de Goberno de hoxe das bases e dos modelos de solicitude, abrirase o prazo de solicitude o día 27 de febreiro. Os interesados disporán de 15 días para facelo.
García Porto explicou que “co Buxiganga 2018, o proxecto de teatro afeccionado da Deputación, cumprimos un dobre obxectivo: promocionar o teatro afeccionado, debido á grande cantidade de escolas de teatro municipais coas que contamos, e dinamizar cultural, social e economicamente os municipios da nosa provincia, especialmente os do rural”.
O Buxiganga está dirixido a municipios e asociacións sen ánimo de lucro da provincia, que poderán solicitar a celebración de actuacións, e as agrupacións de teatro, que son as que representarán as obras. Unha vez coñecidos os Concellos solicitantes e os grupos de teatros, elaborárase un catálogo para que os municipios e asociacións culturais soliciten o grupo desexan contratar.
Os cachés das actuacións serán os seguintes:
-Grupos de 6 a 8 persoas: 500 €/función (tendo as 3 representacións 450 €/función)
-Grupos de 9 a 12 persoas: 750 €/función (tendo as 3 representacións 700 €/función)
-Grupos de 13 ou máis persoas: 850 €/función (tendo as 3 representacións 800 €/función).
Dese caché, a Deputación subvenciona o 80% do custo das actuacións, e os Concellos ou asociacións asumen o pagamento do 20% do custo de cada unha delas, para o que poderán cobrar unha entrada simbólica que en ningún caso poderá superar os tres euros (3 €).
A vindeira semana, habilitarase na páxina web da Deputación (www.deputacionlugo.gal) un espazo habilitado no que consultar todas as bases do programa e os documentos que se deben cubrir para entregar a solicitude no Rexistro Provincial.
400 actores para máis de 100 obras
A Deputada de Cultura apuntou que no Buxiganga 2017 inscribíronse nesta programación 35 grupos de teatro e 64 entidades solicitantes: 30 asociacións e 34 Concellos. Isto produciu que se realizaran preto de 105 actuacións en 44 localidades da provincia, e nas que participaron preto de 380 actores e actrices.





















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).