O Valadouro 25-2-18. O pasado domingo, día 25 de febreiro, no Salón de Actos da Casa da Cultura “Manuel Lourenzo” de Ferreira do Valadouro, presentouse o Caderno Número 7 do Seminario de Estudos do Valadouro, titulado “Valadouro: Prehistoria e Idade Antiga” e escrito polo Doutor en Arqueoloxía mindoniense Abel Vigo García. Trátase dun tratado destas etapas iniciais da historia do Val presentado dun xeito fácil de ler e de comprender, con abundantes ilustracións.
Ó acto asistiron numerosos socios do SEVA, así como algunhas outras persoas alleas a el e contou coa intervención de Pepe Peinó, Presidente do SEVA, de Xesús Pisón, Coordinador da Área de Sociedade do SEVA e promotor da publicación, e co autor, Abel Vigo, que explicou por medio de diapositivas os aspectos máis importantes do contido do libro.
Esta publicación chega despois de máis dun ano sen publicar nada por parte do SEVA, debido a problemas coas diversas subvencións.
O Caderto 7 estará proximamente á venda nas librerías de Ferreira e Alfoz e tamén nalgunha doutros concellos, como en Burela e Foz, así como no Castelo do Castrodouro.
O SEVA inaugura tamén para o vindeiro sábado, día 3 de marzo, o seu VI Festi-Val de Cine, coa reposición do filme “Lume na alma”, rodado hai 10 anos no instituto Alfoz-Valadouro.






















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



