As pensións constitúen un dos alicerces fundamentais do Estado moderno do Benestar. No Estado español hai case dez millóns de retirados pensionistas que constitúen o principal celeiro de votos da dereita. Mais semella que existen centos de milleiros deste colectivo que xa non acreditan nos contos e mentiras dos políticos que adoitaban obter os seus votos.
O Reino de España inviste só o 11% do seu PIB nas pensións, fronte á media do 13-14% da meirande parte dos Estados da UE. Coa baixa ratio de cobertura entre cotizantes e pensionistas actual e a peor evolución demográfica futura, aínda así calcúlase que non sería até o 2050 cando precisaríamos botar mán do 14% PIB para garantir o poder adquisitivo das pensións. Ruído de máis, pero moitos tentan amedoñarnos coas pensións. A sra. Villalobos, presidenta da comisión parlamentaria pluripartidista que mira polo sistema público de pensións (o Pacto de Toledo) dí que hai que se retirar case con 75 anos porque vivimos de máis. A ministra Báñez e o presidente Rajoy quérenlle abrir a porta aos sistemas privados de capitalización, que adoito amosaron o seu fracaso no mundo ao longo dos últimos 80 anos.
Rajoy baleirou a caixa de aforros das pensións deseñando, ao tempo, unha devaluación salarial que impide que poidamos cubrir o déficit actual de cotización mesmo con millons de novos empregos, porque estes son cativos en soldos e nin permiten sair de pobres nin axudan encher a caixa da Seguridade Social (SS). Mais cómpre dicir que dende esta reforma laboral do 2012 e dende a reforma das pensións do 2013 (subas do 0,25% e grave rebaixa de pensións aos que se retiren despois do 01.01.2019) o goberno do PP segue a cargar no sistema de pensións gastos que tiñan que ser cobertos cos Orzamentos xerais das Administracións Públicas, como as bonificacións e exencións parciais á cotización da SS, as pensións non contributivas de orfandade e viuvez ou as de retiro de réximes deficitarios, como o de empregados de fogar e autónomos.
A nosa economía é quén de fornecer un sistema público que cubra os dereitos actuais e futuros mantendo o poder adquisitivo de cadansúas pensións. Seica teremos que destinar a esta tarefa parte dos nosos tributos, como fixemos no seu día coa sanidade pública. O que non é admisíbel- e os nosos maiores seica comezan a se decatar- é deconstruir o sistema público de pensións para lle abrir o negocio aos amiguiños.




















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



