FOZ a 27 de febreiro de 2018. As mocións presentadas polo grupo municipal de “Foz, plataforma de futuro”, unha vez mais, son aprobadas por unanimidade.
-INSTAR Ó MINISTERIO DE FOMENTO A INSTALAR SINALIZACIÓN TURÍSTICA NA A-8 E N-642 DA BASÍLICA DE SAN MARTIÑO.
-INSTAR Á DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO Á LIMPEZA DE CUNETAS DA ESTRADA DA CERNADA EN VILARONTE LU-P-2003.
-INSTAR Á DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO A INCLUIR NOS PRESUPOSTOS DO ANO 2019 UNHA PARTIDA PARA CONTINUAR AS ACERAS DA ESTRADA LU-P-2002 AO SEU PASO POR VILARONTE HACIA A ESPIÑEIRA.
Este pasado xoves 22, ven de celebrarse o pleno da Corporación Municipal do mes de Febreiro do Concello de Foz.
No punto número 2 da orde do día figuraba a proposta de FPF para instar ó Ministerio de Fomento a instalar sinalización turística na A-8 e N-642 da Basílica de san Martiño.
A Basílica de san Martiño recibe numerosa visitas durante todo o ano. Fai un tempo o noso grupo municipal, presentaba unha proposta para mellorar a sinalización na estrada que dá aceso a este monumento, tanto indo dende Foz como vindo dende O Valadouro. Vemos como cando saes de viaxe por outras localidades onde hai tamén monumentos deste estilo, atópaste con distintas sinalizacións turísticas que che indican os kms. que faltan para chegar, ou que en tal pobo tes un monumento para visitar, por iso cremos que este monumento tamén podería estar perfectamente anunciado tanto na A-8, como na N-642 con paneis turísticos como o que axuntamos a modo de exemplo.
Porto isto instamos ó Ministerio de Fomento a instalar sinalización turística na A-8 e N-642 da Basílica de San Martiño.
A proposta foi aprobada por unanimidade.
No punto número 3 da orde do día figuraba a proposta de FPF para instar á Deputación Provincial de Lugo á limpeza de cunetas da estrada da Cernada en Vilaronte, LU-P-2003.
Son numerosas as estradas do noso concello que están en moi mal estado, moitas veces dependendo da falta de limpeza das cunetas e tubos de distintas entradas a fincas que se encontran atascados. Esta estrada que nos referimos nesta moción atópase en moi boas condicións de asfaltado, sen embargo ten unha importante carencia na limpeza das cunetas, o que provoca que a auga en vez de discorrer polo seu sitio natural, corre por encima da estrada o que pode provocar co paso do tempo que se vaia degradando o asfalto. Os veciños de Vilaronte, mais concretamente da estrada que da servicio á Cernada queixáronsenos nos últimos tempos deste importante problema, esta estrada pertence á rede de estradas da Deputación Provincial de Lugo co epígrafe LU-P-2003.
Por todo o anteriormente exposto propoñemos á Corporación Municipal instar á Deputación Provincial de Lugo a limpeza das cunetas da estrada LU-P-2003, estrada da Cernada na parroquia de Vilaronte.
A proposta foi aprobada por unanimidade.
No punto número 4 da orde do día figuraba a proposta de FPF para instar á Deputación Provincial de Lugo a incluir nos presupostos do ano 2019 unha partida presupostaria para a continuación das aceras da estrada LU-P-2002, ao seu paso por Vilaronte hacia a Espiñeira.
En setembro do ano 2016 xa presentamos esta moción para debate nesta corporación municipal, sendo aprobada. Pasados dous anos a Deputación Provincial de Lugo non deu paso ningún, ás portas dunhas novas eleccións municipais volvemos a presentar a mesma moción, esperando ter mais sorte que daquela, sendo o mesmo de necesarias estas beirarrúas daquela que hoxe.
Na parroquia de Vilaronte fai mais ou menos 8 anos, a Deputación Provincial de Lugo, decidiu facer a construción das beirarrúas na estrada da súa titularidade ( LU-P-2002), obra que fora demandada polos veciños e que encheu de ledicia a estes, xa que estes poden pasear con máis seguridade e tranquilidade.
Novamente nos últimos tempos os representantes dos veciños puxéronse en contacto con nós para pedirnos que fixéramos as xestións oportunas para solicitar que esas beirarrúas se continúen hasta a zoa da Espiñeira.
Por todo o anteriormente exposto propoñemos á Corporación Municipal instar á Deputación Provincial de Lugo proceda incluír nos presupostos do ano 2019,unha partida presupostaría suficiente para a execución do tramo de beirarrúas que falta hasta a zoa da Espiñeira na estrada da súa titularidade (LU-P- 2002), na parroquia de Vilaronte.
A proposta foi aprobada por unanimidade.