A Mariña 27-2-18. O vindeiro xoves 1 de Marzo a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña ten convocada unha gran manifestación que sairá do Hospital da Costa ás oito da tarde e ,tras percorrer as rúas de Burela rematará na Praza do Concello , onde se dará lectura a un manifesto.
“Desde a Plataforma Sanitaria facemos un chamamento a todas as mariñás e mariñaos para que saian masivamente á rúa a defender a sanidade pública e rexeitar a supresión da área sanitaria da Mariña”-. Este colectivo apunta que existen motivos de sobra para sair á rúa , desde o paulatino aumento nas derivacións cara a Lugo que se ven dando desde que se implantou a EOXI no ano 2013, os datos sobre os tempos de agarda para consultas probas diagnósticas ou intervencións cirúrxicas absolutamente falseados ate a percepción por parte da veciñanza da merma da calidade asistencial pola sobrecarga á que se ten sometida ás plantillas insuficientes.
A Plataforma Sanitaria chama ao peche do comercio en apoio a esta inxusta reforma da lei de saúde que creará máis desigualdade.
A Plataforma Sanitaria quere tamén facer un chamamento ao comercio para que peche un pouco antes do seu horario habitual facilitando deste xeito a asistencia d@s empregad@s e sumándose ás reivindicacións do colectivo que pide a retirada do proxecto de reforma da lei de saúde . De aprobarse eliminarase a área sanitaria da Mariña e pasaremos a ser pacientes de Lugo, aumentando os desprazamentos cara á capital para consultas, probas diagnósticas ou intervencións.























No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



