Ribadeo, 28 de febreiro de 2018. O alcalde, Fernando Suárez, denuncia que hai moitos ríos que se atopan nun estado lamentable debido á deixadez de quen tivo competencias na materia ata o de agora, que é Augas de Galicia. O rexedor lembra que a última vez que este organismo atendeu os requerimentos enviados polo Concello de Ribadeo foi hai sete u oito anos. Suárez Barcia subliña que pediu autorización a Augas de Galicia e á Confederación Hidrográfica do Cantábrico (da que dependerá a metade de Ribadeo) para que veciños e veciñas poidan limpar os ríos sen seren sancionados.
Fernando Suárez declarou que “moitos ríos están en condicións lamentables di o portavoz do PP. Efectivamente, ten razón, están lamentables pola deixadez de quen ata agora tivo competencias niso, que é Augas de Galicia, da Xunta, e dado que a última vez que fixeron caso aos requerimentos do Concello, mandados en varias ocasións, foi hai aproximadamente sete ou oito anos en que pola súa conta limparon os cauces dos ríos e desbrozáronos convenientemente”.
O alcalde explicou que “agora en Ribadeo, e como non podía ser diferente ao que pasa nestes últimos anos, ningunha administración superior ao Concello, matizo, agás a Deputación de Lugo, se interesa e se preocupa polo que aquí pasa, incluíndo isto a que discuten entre elas para non facerse cargo das súas competencias, como é o caso desta materia de augas, dos ríos, etc… Estamos en terras de ninguén, ninguén nos quere como dicía o outro”.
O rexedor lembrou que “ata agora só as parroquias de Couxela e Vilaosende pertencían á Confederación Hidrográfica do Cantábrico, e o resto do concello a Augas de Galicia, da Xunta. E agora parece ser, e digo parece ser porque non está aprobado aínda que xa nolo comunicaron verbalmente non hai moitos días por parte das dúas entidades, que a Confederación Hidrográfica do Cantábrico con sede en Oviedo, vai coller moita máis superficie do termo municipal de Ribadeo, incluíndo a metade da vila”.
Para o alcalde “isto é paradóxico. Unha metade da vila de Ribadeo estará adscrita a Augas de Galicia e a outra metade estará adscrita á Confederación Hidrográfica do Cantábrico, supoño que haberá algunha rúa na que unha beirarrúa dependerá da Confederación e outra de Augas de Galicia”.
Fernando Suárez engadiu: “en relación co que de xeito brillante, vivaz e anticipado aos tempos me pide o voceiro do PP de Ribadeo, teño que dicirlle que si, que xa pedimos esa autorización de corte e de limpeza, pero pedímola aos dous organismos, á Confederación Hidrográfica do Cantábrico e a Augas de Galicia para que agora, en ausencia destas administracións que non se ocuparon nin se ocupan de nosoutros, poidan os paisanos nosos facer eses traballos de limpeza nos ríos sen ser sancionados”.























No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



