A Mariña 2-3-18. O Observatorio da Mariña pola Igualdade participará este domingo 4 de marzo na manifestación nacional do feminismo galego organizado arredor de Galegas 8m. Por diante, unha xornada reivindicativa cuxo lema principal ‘Para transformar a vida das mulleres’ encabezará a mobilización que precede ás concentracións locais do 8 de marzo, día internacional das mulleres, e para a que aínda quedan prazas no bus que financia xunto a CIG e SLG (observatorioigualdade@gmail.com).
Na comarca da Mariña, o Observatorio da Mariña pola Igualdade leva días traballando nunha convocatoria aberta a todas as mulleres, que este ano estará acompañada polos ritmos do batuke que desde fai semanas ensaian as “batukeiras da Mariña” seguindo a iniciativa das Tamborililás de Compostela e doutras vilas galegas.
“Apoiamos a folga de 24 horas para reivindicar unha sociedade xusta na que os coidados sexan tarefa de todas e de todos e na que a vida das persoas se sitúe no centro da axenda política” afirman desde o OMI. “Hai que seguir insistindo en que as fendas de xénero, lonxe de desaparecer, teñen cada vez maior presenza na sociedade, que debe reinvindicar a igualdade de oportunidades e de dereitos en todos os ámbitos, véxase a fenda salarial, a incidencia estrutural das violencias machistas etc. Queremos ter plena capacidade de decisión sobre os nosos corpos, a nosa identidade…”. Estas son as principais reivindicacións que guiarán a folga do 8 de marzo e a convocatoria comarcal presentada polo Observatorio da Mariña pola Igualdade.
“Un programa de actividades arredor de toda a xornada que se suma ás propostas doutras entidades e organizacións”, confirma no seo do OMI. “Partiremos en tren desde Ribadeo ás 15 horas e ás 17 horas desde Viveiro con destino Burela, onde terán lugar varias actuacións reinvindicativas como unha Marcha das mulleres que partirá ás 19:30 horas da Estación do tren seguida por unha concentración ás 20:00 horas na Praza da Mariña”. Unha proposta aberta a todas as mulleres da comarca que desexen visibilizar as desigualdades e discriminacións de xénero. “A viaxe en tren é moi simbólica dado que no traxecto pasamos por varios municipios da comarca e tamén porque o FEVE representa un símbolo propio que queremos apoiar e reivindicar como servizo público” aseguran desde a organización.
Desde a asociación feminista confirman a participación doutros colectivos e asociacións no desenvolvemento das accións do 8 de marzo na Mariña e animan a todas as mulleres a sumarse aos actos que se desenvolverán no local da Asociación Xebra en Burela a partir das 16 horas.




















Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveita esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebra o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



