Ribadeo, 27 de abril de 2018. O Partido Popular de Ribadeo manifesta a súa satisfacción polo comezo das obras nas rúa San Roque, pero hoxe, venres, non considera que sexa o día máis apropiado para inicialas por ser a xornada previa ao inicio dunha longa ponte festiva. Ademais os populares botan en falta que, dado que se van suprimir moitas prazas de aparcamento, o equipo de goberno non buscara alternativas para estacionar antes de empezar as obras.
O portavoz do PP no Concello de Ribadeo, Jesús López Penabad, manifestou en primeiro lugar: “desde o Partido Popular alegrámonos de que por fin empecen as obras da rúa San Roque. Creo que é unha rúa que o merece e son moi necesarias”.
López Penabad engadiu que “se ve que empeza a campaña electoral en Ribadeo, porque despois de tantos anos deste goberno municipal por fin se ve algunha obra de calado nas rúas de Ribadeo, mellorando unha tan particular como é a rúa San Roque. Pero o que si nos gustaría puntualizar é que tendo unha ponte este fin de semana e os dous primeiros días da semana que vén non nos parece a mellor data para empezar a obra un venres, porque cremos que é de cara á galería. E dado que, como toda obra, é inevitable que provoque algunha molestia, empezar a semana que vén despois da ponte festiva sería máis que suficiente. Pero creo que o motivo é a propaganda que pretende facer o alcalde despois de moitos anos de pouco traballo en Ribadeo”.
O voceiro do PP dixo tamén que “o alcalde está presumindo de que se fai con fondos propios, pero aquí estamos observando que o Catastrazo do ano pasado, tan gravoso para os ribadenses, así como a suba do IBI deste ano, empeza a notarse en Ribadeo. Polo tanto os fondos propios do Concello de Ribadeo son realmente dos impostos que se subiron a todos os ribadenses”.
Ademais Jesús López Penabad comentou: “botamos en falta que, dado que se van suprimir moitas prazas de aparcamento, que non se tomen medidas con respecto a isto. Hai un aparcamento alí moi próximo, na rúa Lazurtegui, onde non se lle fixo absolutamente nada. Eu creo que vai ser a saída máis natural e o aparcamento para a xente que tiña por costume estacionara na rúa San Roque. Botamos en falta que non se tome algunha medida e antes de empezar as obras debería terse pensado un pouco en aumentar as prazas de aparcamento porque en Ribadeo en xeral escasean, e máis en datas moi puntuais. Se nos imos quedar sen 50 prazas o mínimo que deberán facer é habilitar ou mellorar os aparcamentos que hai próximos e intentar conseguir algún máis. De todas formas esperamos que as molestias que sexan as mínimas posibles e alegrámonos moito de que empecen as obras”.

















Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.



