Lugo, 28 de maio de 2018. O Presidente, Darío Campos Conde, avanzou este luns que “dende o Goberno da Deputación investimos outros 14 millóns de euros na execución de 310 novas obras nos 67 Concellos. Con estes fondos, acadamos nestes dous anos e medio á fronte deste Executivo Provincial un investimento de 90 millóns neste eido, facendo que a Deputación sexa a administración que lidera a obra pública na provincia, contribuíndo ao mantemento de emprego e mellorando os servizos públicos aos nosos veciños”.
Campos Conde fixo referencia deste xeito ás 310 obras dotadas de 14 millóns de euros, que o Goberno da Deputación presenta ao Pleno de mañá para a súa aprobación e posterior execución. Trátanse de actuación solicitadas polos municipios e financiadas ao abeiro do Plan Único. Representan o 66% dos fondos desta programación que se distribúen en base á superficie, poboación, taxa de envellecemento, paro e núcleos poboacionais de cada Concello.
14 millóns para obras 67 Concellos
Abadín: 309.624 euros, Alfoz: 133.890; Antas de Ulla: 169.586; Baleira: 158.274; Baralla: 236.451; Barreiros: 248.140; Becerreá: 257.469; Begonte: 187.273; Bóveda: 167.864; Burela: 195.027; Carballedo: 235.456; Castro de Rei: 284.520; Castroverde: 212.299; Cervantes: 215.142; Cervo: 199.580; Chantada: 310.673; O Corgo: 231.827; Cospeito: 282.699; Folgoso do Courel: 193.009; A Fonsagrada: 230.189; Foz: 329.905; Friol: 307.632; Guitiriz: 316.393; Guntín: 215.509; O Incio: 194.703; Láncara: 208.364; Lourenzá: 153.343; Lugo: 500.000; Meira: 180.210; Mondoñedo: 159.744; Monforte de Lemos: 300.536; Monterroso: 191.406; Muras: 199.466; Navia de Suarna: 204.261; Negueira de Muñiz: 112.323; As Nogais: 150.783; Ourol: 220.549; Outeiro de Rei: 233.719; Palas de Rei: 182.651; Pantón: 201.537; Paradela: 231.665; O Páramo: 162.436; A Pastoriza: 247.068; Pedrafita do Cebreiro: 134.287; A Pobra do Brollón: 140.195; Pol: 179.484; A Pontenova: 151.907; Portomarín: 169.362; Quiroga: 228.761; Rábade: 121.811; Ribadeo: 330.000; Ribas de Sil: 138.038; Ribeira de Piquín: 149.586; Riotorto: 160.289; Samos: 166.391; Sarria: 384.000; O Saviñao: 245.201; Sober: 234.239; Taboada: 242.505; Trabada: 150.304; Triacastela: 125.064; O Valadouro: 171.263; O Vicedo: 125.834; Vilalba: 254.799; Viveiro: 342.000; Xermade: 190.977 e Xove: 198.352.























Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.



