Lugo 31, maio, 2018. O Grupo Provincial do PP denuncia que a Deputación de Lugo vén de rebentar o modelo de xestión que permitiría a apertura inmediata das residencias, como así evidencia a contratación dunha empresa privada á que lle pagará máis de 18.000 euros para que elabore un novo modelo.
Os populares critican que o Goberno do PSOE deixe agora en mans dunha empresa privada unha decisión tan transcendental, o modelo de xestión das residencias, o que demostra que non tiñan ningunha folla de ruta, nin alternativa e que seguen retrasando a súa apertura sen que exista xustificación algunha.
En concreto, o Goberno do PSOE asina con data de 18 de maio un decreto para a contratación do “Proxecto de prezos do servizo a prestar nos centros de atención a persoas maiores de Trabada, Pol, A Fonsagrada, Pedrafita do Cebreiro e Ribas de Sil, sustentado nun estudo de viabilidade económica-financeira dos citados centros, e que poida ser a base para a elaboración dunha memoria relativa aos aspectos sociais, xurídicos, técnicos e financeiros da actividade, previstos no artigo 97 do RDL 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposición legais vixentes en materia de Réxime Local”.
Para os populares esta contratación reflicte que a pretendida rescisión do convenio de Suplusa sobre as residencias por parte do PSOE non traía consigo ningunha solución alternativa e que o único era seguir demorando a apertura dos centros e dilapidando recursos públicos. Así, o PP critica que os socialistas que gobernan a Deputación de Lugo gasten diñeiro contratando a empresas privadas porque non se fían dos funcionarios públicos da institución, cando o persoal do departamento de Servizos Sociais podía ocuparse deste traballo.
“Estamos ante un Goberno no que os deputados non se fían un dos outros e tampouco do persoal que integra os servizos da institución. A imaxe non pode ser peor”, explican os populares.
O PSOE creou o problema
Desde o Grupo Provincial do PP censuran ademais que a Deputación e o seu presidente “faltaran á verdade” con respecto ás residencias e á súa apertura cando agora se ve que non hai alternativa ao traballo feito dende Suplusa, senón unha contratación de máis de 18.000 euros a unha empresa privada para tratar de buscar solucións a un problema que o PSOE creou e pretenden manter.
Así, queda demostrado que o único que están a facer é dilapidar recursos públicos, ademais de encarecer a achega dos Concellos cos novos convenios, cando xa contaban cun modelo feito dende Suplusa que quixeron botar por terra só polas súas liortas internas. “Unha vez máis son os intereses persoais e as liortas internas o que move aos deputados do PSOE e non o podemos permitir, terán que dar explicacións”, reclaman os populares.
Tanto é así que o alcalde de Castroverde, tamén socialista, se negou a asinar este convenio para manter o rubricado con Suplusa no ano 2011.
Pese a que os socialistas veñen de facerse unha foto con todos os interventores municipais para anunciar un modelo de xestión e contratación, coa aprobación desta resolución do Goberno de Campos que vimos de coñecer evidencian que non tiñan ningún modelo nin folla de ruta a seguir, posto que nin contan cun estudo da viabilidade económica dos centros. “Queda demostrado que se modelo non existía”, conclúen.



















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



